Lembramos que a Administración ten a obriga de elaborar os cadrantes antes de que remate o mes de decembroparaque entren en funcionamento no ano que comeza. En ningún caso as centrais sindicais teñen que elaborar cadrantes e a Xunta do Partido Popular está a confundir ás traballadoras e traballadores trasladando aos sindicatos unha responsabilidade que é exclusivamente súa.

Dende a CIG temémonos que tras este engano o que se agocha é a redución de días libres e, polo tanto, o incremento da carga de traballo dos traballadores e traballadoras do SPDCIF, paliando así o grande número de vacantes existente e evitando novas contratacións no noso servizo.

Entendemos que esta redución de descansos co conseguinte aumento nas horas de traballo produciría unha grave merma das condicións físicas e anímicas do persoal que acabarían desembocando nun aumento da siniestralidade (xa moi alta no noso servizo a día de hoxe) e que poñería en grave risco as nosas vidas.

Polo tanto, na CIG non daremos por bo ningún cuadrante no que se reduzan os nosos dereitos, gañados a pulso por un colectivo que leva demostrado durante moito tempo a súa profesionalidade e forza de sacrificio na loita contra os incendios forestais que ano tras ano arrasan a nosa terra.

Instamos á Xunta de Galiza a que manteña os cadrantes utilizados ata xullo do 2012 que si cumpren o estipulado no V Convenio e, de non ser así,faremos o necesario para evitar o atropelo dos nosos dereitos.

Os delegados e delegadas de Medio Rural da CIG sempre loitaremos pola defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras do SPDCIF.