A CIG leva anos reclamando a modificación deste decreto, pero nun sentido máis amplo: non admiten entrar na negociación global, negándose por tanto a regular as adxudicacións de destinos definitivo e provisional, obrigatoriedade de ofrecer todas as prazas .., así que a CIG, nesta época de recortes de dereito, non damos os nosos parabéns a máis recortes sen unha negociación máis ampla.

A modificación foi aprobada co voto en contra de CIG, CCOO, UGT e a abstención do CSIF.

2. Instruccións sobre vacacións permisos e licenzas

A pesares dos avances que houbo dende o primeiro borrador, de admitir parte das nosas alegacións, e introducir melloras con respecto as instrucións da Axencia Xeral do Estado, pensamos que non se fixo o esforzo suficiente en varios temas como por exemplo o permiso por días de exame, a falta dunha comisión de control que vele polo cumprimento da normativa e interprete as dúbidas que poidan xurdir en relación a este asunto, a negativa a contemplar un crédito horario para a formación, tal e como establece o EBEP, etc. Abstivémonos as catro OOSS.

3. Rogos e preguntas

Días adicionais de vacacións por antigüidade: ante a discusión que existe sobre se eses días están xa eliminados, a Administración afirma que o RD 20/2012 os elimina e non cabe interpretación. Na CIG temos o asunto en mans da nosa asesoría xurídica.

  • Concurso de corpos especiais: o listado de admitidos/excluidos sae no DOG do 13/03/2013.
  • Concurso de gardacostas: a puntuación provisional sairá despois de Semana Santa.
  • Concurso de escalas informáticas: o mércores 13 de marzo enviarán as bases e buzón de postos aos sindicatos.
  • Destino definitivo OEP-2005 e concurso de traslados laborais: a toma de posesión vai ser simultanea, e será para abril.
  • Listas de substitución: están a estudar a informatización de todo o proceso, incluídas as solicitudes.
  • Laboratorios de Saúde Pública: O Director Xeral de Función Pública di que terá unha entrevista cos responsábeis de recursos humanos de Sanidade para ver que saída se lle da, e que será antes de fin de mes.
  • Persoal da lei 17 (funcionarios de administración de escalas sanitarias): Pedimos que poidan acceder aos cursos da EGAP e preguntamos polo concurso e procesos selectivos, que os está a levar Sanidade. Función Pública, facendo deixadez con este persoal que é da súa competencia e que delega en Sanidade, non sabe nada. E para vergoña, non asiste ninguén da consellaría de Sanidade que poida dar a cara respostando ás preguntas.
  • Comisións de servizos: demandamos de Función Pública que tomen medidas cos numerosos casos de persoas que levan máis de dous anos en comisión de servizo, sen que ninguén faga nada. Os responsábeis da administración fan o avión, e piden listado cos casos que coñezamos. A este respecto, convidámosche a que nos pases información.