- Que na proposta achegada para a mesa sectorial docente, constatamos que se inclúen referencias a materias que son obxecto de negociación colectiva para o persoal funcionario docente e para o persoal laboral da Administración xeral da Xunta, por incidir en aspectos que afectan ás condicións de traballo dos empregados públicos, consonte ao disposto no art. 37.1.m) do Estatuto básico do empregado público.

 - Que, por afectar cando menos a dous ámbitos sectoriais de negociación diferenciados, entendemos que o referido borrador debe ser negociado no ámbito da mesa xeral de empregados públicos, consonte ás previsións do artigo 36.3 do EBEP.

- Por ese motivo, desde a CIG demandamos que ademais de se tratar na mesa sectorial de persoal docente o decreto polo que se regulan os comedores escolares, se proceda a negociar esta materia na mesa xeral de empregados públicos.

Por último, desde a CIG advertímoslles á Consellería de Cultura, Educación e O.U. e á Dirección Xeral da Función Pública de que exercitaremos as accións legais que sexan oportunas ante os tribunais de xustiza, no caso de que se aprobe calquera regulación sobre condicións de traballo do persoal da Administración autonómica sen tratalo na mesa de negociación correspondente.