Vacacións: denunciamos que en Sanidade-Coruña (hoxe comprobamos que tamén noutras consellarías e localidades) están a exixir que se soliciten xa os 22 días hábiles. Pedimos flexibilidade, especialmente nos seis días que se poden usar como moscosos, comprometéndose o DXFP a facer xestións para a súa flexibilización. Solicitamos tamén unha negociación e aclaración dos días hábiles para o persoal de corpos con 365 días hábiles ao ano.
  • Promoción interna: preguntamos por este proceso, afirmando o DXFP que a convocatoria será "a finais de ano". En fin.
  • Consolidación: será despois da promoción interna. Novamente, en fin.
  • Educación e postos fora da RPT: demandamos a educación que se poñan as pilas e engadan na RPT os postos que levan anos funcionando e inda seguen fora da RPT. É o caso, por exemplo, do IES de Ponteareas, que tras varios anos de funcionamento e persoal nos postos, estes "non existen" e por tanto non puideron ser escollidos no último concurso de traslados.
  • Concurso de escalas sanitarias (lei 17): Lembramos que este persoal é funcionario de Función Pública, quen se desentende deles. Exiximos que asuman as súas competencias e negocien o concurso deste persoal, que levan moitos anos sen el. Como ven sendo costume, non había representantes da consellaría de sanidade.
  • Regulamento da xornada: O DXFP di que "estamos en ello", que o vindeiro mes vai ser aprobado inda que non publicado pois inda quedarían outros trámites pendentes.
  • Sanidade e cursos de formación: a consellaría está a impedir a asistencia a cursos de formación do seu persoal.