Introducen unhas modificacións ridículas, unha referida ao carácter voluntario da integración (algo que ven recollido no decreto marco) e outra referida a un futuro estudo para determinar cales son as necesidades de emprego estrutural (que supoñemos que lles vai valer de tamiz para filtrar a xente afín).

CIG- En contra

CCOO- Abstención

UGT- A favor

CSIF- A favor

 

ORDE PARA A PROLONGACIÓN DA PERMANECIA NO SERVIZO ACTIVO DO PERSOAL DA LEI 17 (ESCALA DE SAÚDE PÚBLICA)

A CIG non considera necesaria esta Orde pois xa existe unha de xaneiro feita para o mesmo fin para todo o persoal dependente de Función Pública, entre eles o persoal funcionario de Saúde Pública).

Fora disto a CIG se reitera no dito para a orde que regula esta materia con carácter xeral e non considera que se deba admitir a prolongación máis que no caso de que falten períodos de cotización para a xubilación.

CIG- En contra

CCOO- Abstención

UGT- En contra

CSIF- En contra

 

ANTEPROXECTO DE LEI DE RACIONALIZACIÓN DO SECTOR PÚBLICO

Este punto foi retirado para ampliar o prazo de alegacións.

Van a estudar as alegacións presentadas polas OOSS, en concreto sobre o IGE. Sobre as funcións da nova axencia o estudarán pero pensan que tal e como veñen recollidas no art. 39 son similares ás actuais e ademais estas deberán ser recollidas no decreto que aprobe os Estatutos da nova axencia. Tamén están dispostos a estudar a autonomía funcional do director/a que dentro da Axencia asuma a matería estatística.

Coa fusión IGE-CIXTEC a Administración desbotou outra posibilidades que eran a fusión do CIXTEC con AMTEGA ou ben coa ATRIGA.

 

CONCURSO DAS ESCALAS DE FINANZAS

Reiterámonos nas alegacións da Mesa Xeral que non foron tidas en conta o que nos leva a votar en contra. Queremos que se poña en marcha este concurso pero non así. O Director Xeral comenta que despois de rematada esta tanda de concursos convocará ás OOSS para tratar de consensuar para o futuro unhas bases que rixan todos os concursos.

CIG-  En contra

CCOO- Abstención

UGT- En contra

CSIF- Abstención

O director anuncia que se convocará de xeito inmediato en agosto pero cun prazo máis amplo que se abranga algún período de setembro.

 

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA RPT DE FACENDA

A Administración propón modificar dous postos de xefatura de servizo. Un deles se abre das escalas de finanzas á Xeral. Non podemos aceptar este xeito de actuar da Administración que lonxe de actuar con criterios obxectivos para detectar cales son as carácterísticas deses postos para logo determinar que corpos ou escalas son os óptimos para cubrilos, o que fai é adaptar o posto á persoa que queren que o cubra, abrindo ou pechando aos corpos ou escalas aos que lle interesa. Lamentábel  xeito clientelar de xestionar unha RPT, a golpe de ordes netamente políticas.

CIG- En contra

CCOO- A favor

UGT- A favor

CSIF- A favor

 

VARIOS

  • Reiteran que a resolución do concurso de corpos especiais o publicarán en xullo se da tempo e senón en setembro.
  • Dende a CIG pedimos que se apliquen criterios similares en relación ao días de ausencia por motivos médicos que non xeren IT, xa que algunha xefatura territorial esixe que ao faltar un día por causa médica se presente parte de baixa.