Lembramos na Mesa Xeral do luns 7 a falta de transparencia da dirección xeral ao non facer público que 90 persoas non cumprimentaran correctamente a solicitude e houbo que enviarlles unha carta para a subsanación dese problema. Actualmente son 88 pois dúas xubiláronse. Destes, 6 casos son por supresión do posto, 13 por reingreso e o resto (69) LD cesados, o cal xa supoñíamos. A distribución por subgrupos sería: 42-A1, 13-A2, 14-C1, 18-C2, e 1 de Agrupación profesional.

A Administración comenta que para outubro sairá a baremación provisional.

PROCESO SELECTIVO DA AXENTES FACULTATIVOS MEDIOAMBIENTAIS

Modifícanse as bases cambiando a data antes da cal non se celebrará o proceso.

PROMOCIÓN INTERNA

Se antes do verán dicían que a convocatoría sería para finais do 2013, agora din que será para o 2014.

O cronograma permanece inalterable e cada dous meses cambian nel as datas. Pase o tempo que pase sempre estaremos a un semestre da promoción interna, sexa no 2012, 2013, 2014, etc.