RESUMO XUNTANZA DIRECTOR FUNCIÓN PÚBLICA DO DÍA 30 DE SETEMBRO.

Esta reunión foi pedida pola C.I.G.. para aclarar a asistencia a cursos de formación organizados polo sindicato en xornada laboral. Función Pública recoñece o dereito a asistencia a cursos organizados polos sindicatos dentro do plan de formación e asegura que vai a poñer os medios para que esto non suceda .

Preguntamos tamén por xardín de infancia. Que pasaba coa toma de posesión. Función Pública dí que xa falou coa intervención xeral e que nesta semana terá o informe para asinar os contratos e publicar a semana que ven a toma de posesión .

GRIPE A. Comentanos que se vai a decir na Comisión de persoal de hoxe as medidas a tomar. Pedimos que se faga unha guia de recomendacións para repartir polos centros. Di que xa hai cartaces e folletos e que dará orde de que se repartan polos centros.

Aumento periodo alto risco para axentes forestais e persoal spdcif. Expoñemos que non é legal aumentar o periodo de alto risco, vai contra o convenio e contra o acordo de axentes, e máis sin negociar. Comprométese a falar coa Consellaría de Medio Rural para que nos chamen a unha xuntanza.


RESUMO XUNTANZA CONSELLEIRAS DE FACENDA E DE SANIDADE DO DÍA 30 DE SETEMBRO.

Convocáronnos a unha xuntanza coas conselleiras de Facenda e de Sanidade para explicarnos os orzamentos dos próximos anos, a esta xuntanza asistimos C.I.G. e CSI-CSIF, xa que nun acto de ninguneo convocaron a UGT e CC.OO onte.

Despois de explicarnos o panorama económico da Galiza e, casi pedirnos diñeiro a nos, dixeron que iban a aplicar o artigo 38.10 do EBEP e suspender todos os acordos salariais que esten en vigor neste momento (sanidade e xustiza) e aplicar unicamente o acordo de Madrid 0,3% porque é obligatorio, non sabemos que vai a pasar co outro 0,3% que na administración xeral do estado vai ao fondo de pensións.

Conxelación do soldo dos directivos. Preguntamos si iban a retirarlle o sobresoldo de 210€ aos/as xefes territoriais pero non contestaron.
Conxelación do fondo social. Preguntamos si non había crise cando fixeron o programa eleitoral, para prometer un 1%da masa salarial para o fas ou desenrolar a carreira profesional.

En definitiva, non teremos ningun acordo salarial para os próximos anos, incluídos os acordos que estén asinados e que non van a ser respectados polo que esta Xunta é, como demostra con estas decisións, moi pouco de fiar, e pretende culpabilizar aos/as empregados/as públicos da crise nas que nos meteu o capital.


RESUMO COMISIÓN DE PERSOAL DO DÍA 30 DE SETEMBRO.

Hoxe tivo lugar unha comisión extraordinaria de persoal as 14:15 horas na EGAP cun único punto na orde do día:

RPT de presidencia, condutores. Ë dicir, a creación dun único parque móbil para todo o país.
A C.I.G. votou “non” a esta creación, non pola creación en si, senón por que non nos garantizan como se vai a levar a cabo esta redistribución de efectivos, nin que non quede ao albur ou o capricho de alguén a asignación dun posto ou outro segundo o grao de amizade. Entendemos que si un/unha condutor/a que esté destinado/a nunha Delegación se lle asigna un alto cargo que traballe en Compostela, o seu lugar de traballo pasa a ser Compostela e non a Delegación polo que non podemos permitir que eso sexa así. Por outra banda non se comprometen a negociar nada, agás os descansos, nin nos dín que vai a ser a persoa nas delegacións encargada de distribuir o traballo (segundo eles o subdirector dende Compostela).
C.C.O.O.: si; U.G.T.: non; C.S.I.-C.S.I.F.: si

Noutro orde de cousas o Director Xeral da Función Pública explicounos que se vai a constituir unha comisión a semana que ven de seguimento da “gripe A” para desenrolar un protocolo detallado de actuación cuxas liñas básicas xa están feitas e nos serán remitidas nestes días. 0 sergas facilitará cartaces e guias para repartir en todos os centros de traballo da Xunta de Galiza coas medidas profilácticas a tomar.