Varios

Neste punto a Administración informou sobre a súa intención de iniciar un proceso de negociación das ordes de integración pendentes que se ían tratar na última Mesa Xeral, e á que se decidiu non asistir.

O director xeral de Función Pública. tamén informou de que nas vindeiras semanas deste mes ou en xuño nos convocarán para ver cómo articular o concurso de persoal laboral e o de administración xeral. Igualmente coa promoción interna, que están traballando niso e nos manterán informados.

A CIG fixo unha demanda e dúas preguntas:

  • Reiteramos a nosa petición de responsabilidade por parte das persoas titulares das Secretarías  Xerais das Consellerías á hora de asistir a este órgano, xa que consideramos unha  falta de respecto ás organizacións sindicais a non asistencia de persoal responsable e cualificado á hora de respostar ás cuestións que xurdan e afecten aos temas que se van votar ou dos que se traslada información.
  • Preguntamos se existe algún borrador da rpt do IGVS xa que temos constancia da súa circulación entre os traballadores/as. O director di que non ten coñecemento e que, como non hai presente ningún representante da Consellería, que trasladará a pregunta e nos informará posteriormente.
  • Preguntamos se Función Pública ten xa o borrador das escalas da Lei 17 de Sanidade. O director dí que xa está feito e que están pendentes dunha reunión co Sergas para  mirar a dinámica de negociación de prazos e resolución. Posteriormente nos trasladará  a información.