Queremos copia dos escritos que presenten os traballadores/as diante da comisión de seguimento para así estudalos e tratalos correctamente con coñecemento sindical.
  • Implantación da administración electrónica para os procedementos relacionados con estas instrucións (solicitudes, informes, resolución, notificación..).
  • Solicitamos a publicación das instrucións no DOG.
  • Queremos que recollan nas instrucións os criterios de aplicación da flexibilidade horaria e, en xeral, da fichaxe co sistema Kronos aos postos que prestan servizo fora do centro de traballo.
  • Pedimos informe da Asesoría da Xunta sobre a compatibilidade do traballo por obxectivos e a obrigatoriedade das 37,5 horas semanais ditadas pola Lei 1/2012. 
  • No caso de se establecer teletraballo por obxectivos, demandamos negociación coas organizacións sindicais dos criterios para establecer ditos obxectivos.
  • Demandamos a xeralización para todo o persoal, funcionario e laboral, da xornada de verán ou compensación en caso de imposibilidade.
  • Mantemos as nosas alegacións escritas.
  • As persoas responsábeis políticas da Administración afirman que fixeron o esforzo de consensuar e concretar. Recoñecemos a boa disposición da administración a discutir, pero inda hai moitas cousas que afiar (por exemplo, os aspectos que motivaron a demanda xudicial da CIG).

    Para rematar, van estudar a posibilidade de facilitarnos máis datos do teletraballo (denominación dos postos, motivo da denegación), e van revisar aquelas solicitudes denegadas por non ter o Kronos (que deixará de ser motivo de denegación para o teletraballo). Tamén van estudar a regulación do horario de verán, de cara a unhas futuras instrucións.