Concurso traslados lei 17 (funcionarios de escalas sanitarias): a CIG acusa a Sanidade de engañarnos e incumprir a súa palabra, pois a consellaría afirmara na última xuntanza pola súa RPT que nos enviaría o borrador do concurso á semana seguinte, e xa pasaron duas. Insistimos en que queremos o texto e que se convoque unha mesa de negociación. A este respecto resposta o Director Xeral da Función Pública que na xuntanza do xoves polo concurso dos laborais daría conta do procedemento que van seguir con este concurso; é dicir, que informarían de se a negociación vai ser no ámbito da mesa sectorial de persoal estatutario ou se vai no ámbito do persoal funcionarios (levandoo á mesa xeral), como demandamos. O asunto quedaría para finais de agosto ou principios de setembro.

Concurso AMTEGA: a CIG denuncia que tivemos unha xuntanza con AMTEGA para que executasen correctamente o concurso das escalas informáticas de xeito que cada persoa vaia ao posto que lle corresponde, pero AMTEGA non ten intención de corrixilo actuando como se non tivese existido un concurso e ordeando que o persoal se manteña nos postos anteriores. Demandamos de Función Pública que tome cartas no asunto e non permita que AMTEGA faga o que lle veña en gana. O Director Xeral da Función Pública dará conta deste asunto na xuntanza do xoves.

Promoción interna corpos xerais: informa o DXFP que esta semana convocarán xuntanza; que non dan o asunto por pechado e podería haber outra xuntanza mais. Conclusión da CIG: vai ser imposíbel que o concurso estea liquidado antes de setembro.

Auxiliar estatutario en xefatura de servizo: a CIG denuncia que o posto da xefatura de servizo de innovación sanitaria, creado na rpt a finais do 2013, LD, nivel 28, A1, a ocupar por persoal de determinadas clases das escalas sanitarias (lei 17), así como persoal estatutario sanitario, está a ser ocupado en comisión de servizo por un auxiliar administrativo (estatutario NON sanitario) con destino no FEGAS. Denunciamos que por moito que apliquen normas de sanidade, o posto é de administración e por tanto debe rexirxe polas normas de función pública: non é do grupo, nin é estatutario sanitario, así que non pode ocupar o posto. Demandamos a función pública que tome medidas. Ameazamos con tomar nosoutros medidas xudiciais.

Xefa de servizo de tesouraría (subdirección X do Tesouro): a CIG denuncia que a persoa que ocupa o posto foi nomeada en LD o 11/3/2014, pero que inda non pisou o seu posto de traballo; máis ben ao contrario, continúa no seu anterior posto (o propio directorio a ten ubicada na subdirección xeral de coordinación de investimentos e fondos comunictarios, como posto do subgrupo A2).