A administración manifesta que sobre este tema o Director Xeral non se pode pronunciar por que ten que falar do mesmo co novo Conselleiro.

3º.- CONCURSO DE TRASLADOS

Manifestan que como primeiro paso entre o día 12 (non o mandaron) e o 13 de febreiro (a ver se é verdade), mandarán un borrador sobre a supresión de categorías e refundición dalgunhas, dos grupos I e II, e nos próximos días do grupo III, para empezar a traballar no mesmo e poder facer despois o Concurso de Traslados.

A CIG manifesta que vai a facer unha valoración dos dous puntos xuntos, tanto da Consolidación como do Concurso de Traslados.

En primeiro lugar manifestamos o noso rexeitamento a ter unha xuntanza con persoas que non poden tomar decisións e, aínda que entendemos que foi nomeado un novo Conselleiro, isto non é escusa xa que estamos ante unha situación de vontade política. A maiores, o novo Conselleiro xa estaba na Consellería, polo que debe estar ao tanto deste tipo de cuestións.

Á CIG non nos saen as contas: anuncian a "bombo e prato" unha oferta de 373 prazas para a Administración Xeral, co que pensamos que a meirande parte vai a ser de persoal funcionario, polo que non se da cabida ao persoal laboral.

De Estabilización teñen que saír máis de 1000 prazas, a maiores todas as prazas vacantes que a día de hoxe existen nos centros.

Consideramos que o Persoal Laboral é continuamente ninguneado por esta Administración. Non se cumpre o Convenio no caso dos Concursos de Traslados permanentes e non se convocan oposicións dende o ano 2006.

Dende a CIG esiximos que se publique unha oferta de emprego real para coas necesidades de cadro de persoal dos centros, xa que a día de hoxe todos os centros da Xunta están infradotados. É necesario dimensionar nas necesidades reais os cadros de persoal dos centros, especialmente de Benestar e Medio Rural, xa que se están a producir recortes continuos.

Manifestamos que no caso de que o Director Xeral de Función Pública non poida tomar unha decisión sobre estas cuestións, o Comité Intercentros ten que ser recibido polo novo Conselleiro para expoñerlle as necesidade de persoal existentes neste momento.

4º.- CERTIFICADOS MÉDICOS.

Manifestamos dende o Comité Intercentros a nosa preocupación por que moitos médicos do SERGAS néganse a emitir un informe medico oficial, o que con leva un gasto de 20€ ou 30€ a cada traballador cada vez que o chaman das listas de contratación.

Non teñen constancia desto na Dirección Xeral e van a preguntarlle ao SERGAS. Contestarannos cando teñan resposta do SERGAS.

5º.- ADSCRICIÓNS TEMPORAIS NO WEB

Función Pública manifesta que as Consellerías de Medio Rural e de Traballo e Benestar están a publicar as Adscricións na páxina web, aínda que non é obrigatorio. Están intentando que a Consellería de Educación tamén o faga, así como todas as demais.

Manifestan tamén que o sindicato SATSE pide que todas as prazas se cubran polas listas de contratación. Queren deixar claro que é a Administración a que elixe a formula de cobertura das prazas, tanto Adscrición como Superior Categoría ou Listas de Contratación.

Manifestan que por cada Adscrición debe existir un expediente motivado da adxudicación, expediente que pode ser consultado no caso de recurso.

Dende a CIG manifestamos que, en primeiro lugar, unha cousa é a auto organización da Administración e outra moi diferente é a discrecionalidade e que sexa a xefatura de turno a que decida como cubre unha praza, moitas veces por simpatías persoais ou caciquismo. Dende a CIG consideramos que ten que existir unha fórmula obxectiva e non arbitraria.

Tamén manifestamos que a día de hoxe estanse a cometer irregularidades ou, alomenos, disfuncións nas adxudicacións de Adscricións, xa que nalgún caso ofértanse por Adscrición e Superior categoría e noutros casos non. Pero, o máis grave, para a CIG é que moitas prazas ofertadas non son cubertas, aínda que si que existen solicitudes, o que demostra a discrecionalidade e o caciquismo da administración.

Como podes ver, e por non perder o costume, a xuntanza non serviu para nada, xa que non se comprometen a nada nin dan ningún tipo de explicación. Non presentan nin un cronograma nin prazos, antes aínda que non os cumpriran, polo menos presentaban algún cronograma.