Na RPT de Vicepresidencia ratifícamonos nas alegacións presentadas nas xuntanzas previas: rexeitamos as amortizacións (son 21, que se suman aos últimos 112 eliminados).

Na RPT de AMTEGA apenas fan cambios con relación ao que levaron ás xuntanzas previas. Retiran a amortización de 3 postos de interinos e 1 posto de persoal laboral. Pasan de LD a concurso a sección de Xestión Económica e a Subdirección da Área de Atención a Centros Educativos retíranlle a apertura a docentes, deixando como AXG. Opómonos á destrución de postos, rexeitamos a cobertura mediante persoal directivo profesional, non nos gusta que a maioría dos postos dependan da dirección e demandamos a creación dunha estrutura de centros de destino sirva nos concursos de traslados.

Con relación a todas as RPT´s, pedimos os códigos dos postos que foron a concurso así como os das persoas que concursaron porque entendemos que todos eses postos están orzamentados e non se poden amortizar coa excusa de carecer de orzamento en función do estipulado nas leis de orzamentos.

En rogos e preguntas, preguntamos por:

A circular da consellaría de Traballo na que obriga aos traballadores/as a comunicar antes do 31 de marzo tanto as vacacións como os 6 días que se poden unir aos moscosos, e a problemática existente en Lugo cos legoeiros, da cal fixemos unha exposición do que está a acontecer con estes traballadores/as. O Director de Funcion Pública quedou en dar resposta pronto.

Concursos de traslados e promoción interna pendentes. Segundo o DXFP, o luns enviarían as bases do concurso de administración xeral. Para o resto de concursos non teñen datas. En canto á promoción interna, nunhas dúas semanas mandarán uns borradores novos, según o director, con cambios substanciais. Os temarios serán elaborados pola EGAP.