Pola Conselleria do Medio Rural e do Mar participaron o Xefe Territorial, o Xefe Provincial do SPDCIF máis os Xefes de Distrito. Pola CIG asistiu Noya.

Logo da presentación do novo Comité de Empresa aos dirixentes provinciais, tratáronse temas coma a aplicación dun mesmo criterio para todos os distritos forestais dos cuadrantes de traballo e o disfrute de vacacións.

Con relación aos cuadrantes, e en aplicación dos recortes laborais que se produxeron na derradeira tempada, aplicarán o sistema de traballo/libre (5/2 en baixo risco e 4/2 en alto risco). Cando se pase de baixo a alto risco (nos 30 días a maiores do verán) só se mudarán as quendas, quedando ó resto tal e como esté establecido no cuadrante (días traballo, descanso, compensación de horas extras e vacacións). Quedou Medio Rural e Mar en facer entrega ao Comité de Empresa dos cuadrantes definitivos. No tocante as vacacións, quedou acordado que os seis (6) días que podemos deixar para disfrutar en días soltos como asuntos particulares (en aplicación da instrucción sobor de vacacións, permisos e licenzas, DOG 20 de Marzo de 2013), podemos descontalos da totalidade dos 30 días laborables. Ata agora víñanse descontando do período do traballador.

O Xefe do SPDCIF puxo no noso coñecemento a orde dada pola Subdirectora Xeral de Persoal, que os cambios entre traballadores/as non se autorizarán, sempre e cando incumpran os descansos semanais.

Pola CIG detallamos unha serie de incidencias, falta de EPIS, uso do casco de extinción en prevención, roupa de traballo para o persoal fixo discontinuo, falta de portaequipaxes en vehículos de reténs. Contestación da empresa, "Non é a xuntanza para tratar estes temas, levádeo ao Comité de Seguridade e Saúde Laboral" Hai que joderse!!!

Ata mesmo unha representante dos/as traballadores/as botoulle un capote á empresa expresándose da mesma maneira que os nosos dirixentes.

A derradeira parte da xuntanza tivo como protagonista ao Xefe do Distrito XVI, o cál, aplica a normativa laboral cando lle peta e como lle peta. Detalláronse as malas costumes do responsábel do distrito. Por orde do Xefe Provincial do SPDCIF, quedaron en normalizar a situación no Distrito XVI, minimizando o máximo posíbel o malestar dos/as traballadores/as do distrito.