A esta Comisión de Persoal ía como único tema a promoción interna de corpos xerais. A postura mantida pola CIG, así como polo resto de organizacións sindicais, foi o mantemento do posicionamento común acordado polas catro organizacións sindicais e polas cinco xuntas de persoal funcionario.

O Director de Función Pública comezou dicindo que no A1 o tempo do primeiro exercicio tipo test pasa de 100 a 120 minutos e no A2 o primeiro exercicio tipo test pasa de 80 a 100 minutos. Fora disto, e logo dun intenso debate, Función Pública abríuse a negociar, polo que pasa a semana do 8 de xuño convocaranos a unha mesa de negociación.

A maiores da promoción interna, tratamos o seguinte en rogos e preguntas:

  • Horario de verán: o martes dirán se manteñen as instrucións do ano pasado e informarán sobre a viabilidade de posíbeis compensacións para o persoal que ten un horario distinto ao ordinario de mañán.
  • Informamos dunha problemática que se está a dar cos traballadores/as do CIXTEC e a dirección dese centro.
  • Preguntamos pola situación en que quedan os traballadores/as provintes do INEM en relación á aplicación do disposto no V Convenio Colectivo e que a Lei de Emprego Público de Galiza eliminou.
  • Comisión de valoración do IET que está pendente de convocar: o DXFP informa que se convocará tan pronto rematen as comisións de valoración xa constituidas e que será próximamente.