Na Mesa Xeral do día 9 de xuño, ademais de tratar as bases dos procesos selectivos de acceso libre para corpos xerais, e o horario de verán para o 2015, tamén se tratou o seguinte:

  • Instrucións de vacacións, permisos e licenzas: na LEPG os sábados son considerados días inhábiles e non se fai referencia á acumulación dos moscosos cos 6 días de vacacións que se poden disfrutar de forma independente. Informamos de que nalgúns centros de traballo se está a negar esta acumulación aos traballadores/as. Isto entra en contradición co estipulado nas instrucións de vacacións, permisos e licenzas polo que solicitamos unha aclaración ao respecto. O DXFP informa que están traballando na modificación das citadas instrucións e que antes de que remate o mes de xuño se lle enviará o novo texto ás OOSS.
  • Proceso selectivo do subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas. Preguntamos pola data do 2º exame. O DXFP remítenos á Subdirección Xeral de Provisión de postos e Selección de Persoal.
  • Axentes facultativos medioambientais: esta toma de posesión, así como todas as tomas de posesión que están pendentes, quedará para despois do verán.
  • Chamamento de orientadores: informa o DXFP que se está a tramitar o expediente dende hai semanas, que está pendente o tema orzamentario dende Madrid e que polo de agora non hai nada.