O segundo punto a tratar, estudo do cuadrante de traballo para o ano 2010.

Por parte do Director Xeral de Montes fai as seguintes apreciacións ao cuadrante presentado:

  • Que cumpre o establecido no Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galiza.
  • Que aínda que cumpre co establecido no C.C.Ú. un cuadrante de traballo deberá ser flexíbel a hora de poder ser modificado como consecuencia de inserir as vacacións do persoal. Aínda así, insiste en que confían no seu funcionamento durante todo o ano 2010.

Por parte da CIG fixéronse as seguintes apreciacións:

• Na derradeira xuntanza (29 Outubro) quedaron en convoncarnos en máis menos 15 días. Transcurriron cáseque 2 meses. Agora entroulles a presa.

• Dado que non tivemos tempo material para estudalo, quedamos pendentes en darlle unha resposta, aínda que a primeira vista, cumpre co máximo de horas anuais, descanso semanal de 2 días naturais, descanso de domingos alternos durante todo o ano, descanso da metade dos festivos en cómputo anual, compensacións por domingos e festivos traballados.

• Faltaría por incluir as quendas de traballo, para os dous niveis de risco marcados.

A partires de aquí entramos nun debate en relación aos cuadrantes de traballo sen interés, aínda que dende a CIG lles fixemos varias valoracións en relación novamente aos cuadrantes:

- Entrega de cuadrantes para primeiros de ano, en aplicación do establecido no C.C.Ú.

- Sinatura polo responsábel do distrito e co selo do centro dos cuadrantes de traballo.

- Deberán achegar este borrador de cuadrante aos comités de empresa para a súa aprobación, cumprindo deste xeito o establecido no C.C.Ú. Quedaron en remitilos mañá martes 22 de Decembro, estando os comités obrigados a tomar unha decisión ao respecto.

Para rematar a xuntanza, comentou o Director Xeral de Montes que para finais do mes de Xaneiro de 2010, voltarán convocarnos para tratar os puntos tratados na derradeira xuntanza mantida no mes de Outubro.