Inicio
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de selección.

A AGASP vén de convocar a actividade formativa “Análise de incendios forestais”, de 120 horas e 40 prazas, ...


Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa. 

O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos públicos, dado que afecta á calidade do servizo ao eliminar a programación educativa, as xuntanzas coas familias, a ...


Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial).

No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da relación de prazas que teñen reserva. Ao tempo, reclamamos a convocatoria inminente das prazas de concurso específico, que ...


Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas.

Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de competencia da comunidade galega e non afondan en dar solucións aos principais problemas deste persoal que sí son cuestións de ...


Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza.

O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese dereito íase manter parar o persoal laboral funcionarizado da citada consellería pero na práctica foille retirado. É ...


Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada.

A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do Estatuto das Persoas Traballadoras.

Agora, vimos de denunciar perante a Valedora do Pobo a conculcación, na práctica, ...


Mércores, 03 Abril 2024

A CIG solicita que o grao en Educación Social sexa a única titulación habilitante para exercer como educador/a social

A CIG presenta unha proposta para que se modifique a Lei de Emprego Público de Galiza de tal xeito que o grao en Educación Social sexa a titulación especializada única que habilite para o exercicio da profesión de Educador/a Social

A CIG vén de presentar perante a Dirección Xeral da Función Pública e ante as Secretarías Xerais Técnicas das consellerías onde está presente a figura dos/as Educadores/as Sociais (Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ...


Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos.

De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta.

Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter coñecemento de que determinados postos que non están no listado inicial deberían aparecer porque son vacantes, o que ...


Venres, 15 Marzo 2024

Que pasa coas gardas dos axentes do Servizo de Patrimonio Natural?

O Servizo de Patrimonio Natural en Ourense un ano máis queda sen periodo extraordinario ao comezo da tempada de pesca, e repetirá a tempada de caza sen reforzo do persoal. Do resto, a pesar das demandas de ampliación, seguen co periodo recortado de dous meses

Unha das tarefas fundamentais dos axentes ambientais que traballan no Servizo de Patrimonio Natural é a vixilancia e control das actividades de pesca fluvial e a cinexética, e para iso compre o reforzo coa ampliación horaria coas ...


Venres, 15 Marzo 2024

Segue o nepotismo de xefa territorial de Sanidade de Ourense

A CIG pide o cese da xefa territorial de Ourense da Consellería de Sanidade por repartir a dedazo os postos de nivel sen “as funcións” e sen mover ao persoal ao posto adxudicado

Na CIG-Autonómica denunciamos a situación que dende fai anos está a acontecer nesta xefatura e específicamente no Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Ourense.

Neste servizo, a data de hoxe, están creados un total de 31 postos:

  • 3 xefaturas de sección (nivel 25)
  • 7 xefaturas de negociado (nivel 18)
  • 9 ...

Venres, 15 Marzo 2024

Xubilación anticipada para o persoal axente ambiental, XA!

A CIG insta a xubilación anticipada para o persoal das escalas de axentes ambientais á Xunta de Galiza e na Lei básica que se está a tramitar no Congreso dos Deputados/as

A CIG insta á Xunta de Galiza para que dea cumprimento do Acordo sobre as condicións de traballo dos axentes forestais e medioambientais de Galicia asinado coas organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT o 11 de outubro de 2018 para que procedan a solicitude de implantación de coeficientes reductores para o persoal das ...


En primeiro lugar é imprescindible derrogar moitos dos Reales Decretos-Lei que se nos veñen impoñendo ao persoal das administracións públicas  dende o ano 2010, entre outros: RD-Lei 8/2010, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público; RD-Lei 20/2011, de medidas urxentes en materia orzamentaria e tributaria  para a corrección do déficit público, RD-Lei 20/2012, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade  e todos aqueles Decretos-Leis e Leis que  foron impostos polo goberno español relativos a reformas laborais, reforma negociación colectiva, modificacións das pensións... etc.  e proceder a  restitución de todos os dereitos laborais e salariais (horarios, pagas extras, salarios, 100%  do salario en situación de IT, fondo social...) que lle foron arrebatados ao persoal empregado público desde o ano 2010. Para a CIG este tiña que ser o punto de partida para falar realmente de unha negociación e poder chegar a acordos coa Administración .

Non se poden separar emprego público e redución do emprego temporal do contido que terá o proxecto de Lei de Presupostos Xerais do Estado  para o ano 2017 en canto a condicións laborais, económicas  e demáis do persoal das Admóns Públicas. Ambas cousas van unidas.

Os contidos desa Mesa Xeral serán:

En materia de Emprego Público anúnciase unha mellora nas condicións da Oferta de Emprego, pola vía de ampliar os sectores prioritarios que terán unha reposición de efectivos do 100%, ademais incluirase un plan de estabilización de emprego, que permita a redución das altísimas taxas de temporalidade existentes na actualidade.

Estas medidas, con ser necesarias e consideralas un avance, non solucionan o problema de falta de persoal nin deteñen a dinámica de destrución de emprego público imposto como consecuencia dos plans de redución de gasto; en todo caso estase a falar de postos de traballo que xa están ocupados na actualidade, nuns casos por persoal temporal ou interino, que se incluirán no plan de estabilización e noutros casos de postos ocupados por persoal fixo que, naqueles sectores considerados prioritarios, substituirase por persoal de novo ingreso nos supostos de xubilación.

Continúase coas limitacións normativas impostas as Administracións Públicas  que ao impedir o incremento da masa salarial , así como limitar a incorporación de efectivos terán unha vez máis unha directa repercusión sobre a xestión dos recursos humanos. Esa taxa xeral de reposición do 50% para o resto dos sectores que non se consideran prioritarios, e ese 100% para os esenciais xa determina que a situación vai a ser de diminución de efectivos nas administracións públicas.  Por tanto consideramos dende a CIG que non se debe de impoñer taxa de reposición , máxime cando durante estes últimos anos se produciron taxas reducidas con consecuencias nefastas para os cadros de persoal e para a calidade dos servizos públicos. Solicitamos tamén a transferencia ás CCAA de todo o relativo á materia de emprego público dentro do seu ámbito. Debe de corresponderlle ás CCAA a planificación e ordenación das súas ofertas de emprego público.

Os procesos de estabilización de emprego deben ser negociados nos seus respectivos ámbitos, incluíndo o sistema de acceso.

En materia retributiva, proponse un incremento do 1% do conxunto das retribucións que suporá abondar na rebaixa salarial e a perda de poder adquisitivo iniciada no ano 2010.

Nin que dicir ten que esta medida é inaceptable nun contexto de incremento de prezos e produto interior bruto por enriba do 3%.

En canto a recuperación de dereitos, nada de nada; nin os que teñen que ver cos descontos por Incapacidade Temporal, nin os recortes nos fondos de Acción Social, nin a actualización dos importes das pagas extraordinarias, nin a reposición dos efectivos perdidos durante os anos de ausencia de oferta de emprego.

Outro compromiso anunciado será o de abrir procesos de negociación para tratar materias relativas a Igualdade e Violencia de Xénero, Mutualismo Administrativo, Implantación Administración Dixital e Formación; para tratar todas estas materias xa temos mesas de negociación que, durante a anterior lexislatura, estiveron en parálise permanente xa que, a pesares das demandas sindicais, o Goberno español negouse a negociar calquera medida.

Analizado o conxunto das propostas, somos da opinión de que, a pesares da anunciada melloría da situación económica no Estado, non se reverte a dinámica dos últimos anos, na que se estivo recortando en dereitos e condicións de traballo do persoal ao servizo das Administracións Públicas para os axustes de gasto que reduzan o déficit orzamentario; e tendo remitido dende CIG propostas de cara a recuperación de emprego público así como para recuperación de dereitos laborais e sociais para o persoal ao servizo das Administracións Públicas que non foron tidas en conta en ningún momento, é polo que non podemos dar a nosa aprobación a estas medidas.