A Dirección Xeral da Función Pública, na mañán do día 3 de Abril de 2017, veu a convocarnos para a constitución da comisión de seguimento do acordo sobre os bombeiros forestais e a súa segunda actividade.

Dita xuntanza terá lugar o vindeiro mércores, 5 de Abril de 2017, a partires das 13:30 horas na Sala de Xuntas da Consellería de Facenda, coa seguinte orde do día:

Punto Primeiro.- Constitución da comisión de seguimento do acordo sobre os bombeiros forestais e a súa segunda actividade.

Punto Segundo.- Información sobre as actividades que está a desenvolver a administración en relación ao acordo.