Nova xuntanza da comisión de seguimento do acordo de bombeiros forestais e a súa segunda actividade, onde vimos a ollar a falta de compromiso da propia administración de cara a propór un regulamento de segunda actividade útil para o SPDCIF.

O DXFP tratou de dar resposta as alegacións dos sindicatos, creando máis incertidume entre a parte social. Función Pública detallou o seguinte:

1.- Desexan unha segunda actividade para o 2017 na cál comprenda soamente a campaña do verán. A partires do 2018 novo regulamento.

2.- Demandan a apertura dun prazo para acollerse a segunda actividade, sen antes pechar un regulamento. Concretan que 115 traballadores/as poderían solicitala.

3.- Adscribirán, temporal ou definitivamente, aos solicitantes en prazas vacantes ou prazas de nova creación.

4.- Non garanten mantér a totalidade das retribucións.

A CIG rexeita rotundamente as achegas da administración e demandamos:

a) Un único regulamento que estableza como punto de partida a campaña do verán 2017, continuando no tempo, coas modificacións que se consideren oportuno e pactadas na propia comisión de seguimento.

b) O persoal apto con restriccións deberán acollerse a segunda actividade, para desta volta mantér un SPDCIF eficaz.

c) Mantemento de quendas e non á perda de retribucións.

d) Mantér a adscrición territorial da praza, dacordo ao recollido no V C.C.Ú e no propio acordo de bombeiros forestais.

e) As funcións a desenrolar as detalladas no Pladiga, no V C.C.Ú máis no propio acordo de bombeiros forestais.

f) A adscrición sempre con carácter definitivo a prazas de nova creación e na mesma categoría. Rexeitamos que poidan acollerse a prazas vacantes, reducindo desta maneira a plantilla dun servizo de emerxencia coma é o SPDCIF.

O DXFP fixa para a vindeira semán unha nova xuntanza da comisión de seguimento, onde dará resposta as nosas demandas.