Modificación das RPTs de Economía, Emprego e Industria e GAIN

Na Mesa Xeral retiran todos os pluses da proposta de rpt, quedando pendentes para unha futura negociación. Na Comisión de Persoal apróbase co voto a favor de CCOO, CSIF e UGT e a abstención de CIG.

Modificación da RPT de ATRIGA

Informa o DXFP dunha modificación consistente na amortización dunha xefatura de equipo e respecto das áreas funcionais nos postos base de auxiliares administrativos, di que sen prexuizo de estudalo con posterioridade, os postos quedan sen asignar a ningunha área funcional. Non se crea o posto de técnico superior de arquivo.
Apróbase co voto en contra de todas as organizacións sindicais.

Extensión ao persoal veterinario da Consellaría do Mar do acordo xeral de persoal veterinario

A petición da CIG e por falta de negociación previa, retírase da orde do día da Comisión de Persoal. Pendentes de ser convocados pola consellaría a oportuna reunión.

Varios

  • Publicación pendente no DOG dos acordos do Consorcio e de bombeiros forestais. O Consorcio segue a pór impedimentos á hora da aplicación do V Convenio ao seu persoal, escudándose en que o acordo non está publicado no DOG.  O director xeral da Función Pública comprométese a convocar nesta semana a comisión de seguimento do acordo do Consorcio para primeiros da semana que vén e manifesta que o estipulado no acordo pode cumprirse sen que sexa necesaria a súa publicación no DOG. Por outro banda, di que tanto o acordo do Consorcio como o de bombeiros forestais implican a modificación do convenio e que procurarán acelerar á súa publicación o máximo posible. Non poñen datas.
  • Problemas no recoñecemento do grao consolidado na promoción interna do C2: seguen mirándoo...
  • Política Social: a respecto dos problemas nas adscricións aos postos de traballo creados no Imelga. Mirarano...
  • Borrador de criterios de baremación para os concursos de traslados de persoal funcionario e laboral: enviarano esta semana e probablemente xa se terá unha primeira xuntanza.
  • Comisión de seguimento de persoal veterinario: están a recibir a documentación das consellerías e contan con facer a convocatoria esta semana.
  • RPT de Medio Ambiente: a respecto dunha praza afectada por unha sentenza xudicial de VRN das Illas Atlánticas pero que está na conca do Ulla, di o DXFP que o están mirando e que nesta semana darán unha resposta.
  • Plan anual normativo 2017: aprobado no consello da Xunta do 24/05/2017 e contempla todas as iniciativas normativas e regulamentarias que a administración pretende aprobar no presente ano. No ámbito de Función Pública as normas a crear que contempla ese plan, fóra das modificacións que fan todos os anos vía lei de orzamentos e lei de medidas, son os respectivos decretos da OEP 2017, de provisión de postos de traballo, de funcionarización do persoal laboral e tamén algo sobre o decreto de listas de contratación, sen concretar máis.