A CIG fixo a seguinte valoración da derradeira proposta:
1.- O resultado do acordo considerámolo completamente distinto ó que entendemos coma un acordo de segunda actividade, onde deberá premiar a actividade de prevención, disuasión máis o apoio loxístico.
2.- Coas quendas de traballo de cada posto vacante ofertado desvirtúanse as funcións da segunda actividade, chegando a atoparnos con postos con quenda únicamente de mañán.
3.- Defendemos a utilidade real do traballo en segunda actividade, dacordo co recollido no acordo de bombeiros forestais e a súa segunda actividade.
4.- Non desexamos que se cubran prazas vacantes no SPDCIF mediante segunda actividade. Tampouco desexamos que se fagan uso de prazas de outros servizos da Consellería do Medio Rural. Como sindicato de clase, debemos tér unha visión glogal do asunto e non partidista, non perxudicando a ninguén.
5.- Algún matiz sen resolver, persoal en segunda actividade en superior xerárquico. Demostran que continuarán coa improvisación. Son especialistas neste asunto!!!
6.- Persoal laboral temporal. O SPDCIF conta con unha elevada tasa de temporalidade polo que consideramos necesario a incorporación deste persoal no acordo. Función Pública non presentou ningún informe que detalle a negatividade da incorporación deste persoal, aínda que insisten no seu impedimento.
7.- Persoal con limitacións prescritas (aptos con restriccións). Esiximos a integración de todo o persoal laboral con limitacións prescritas para conquerir unha maior operatividade do servizo contra incendios, non aminorando polo tanto, o número de efectivos contra o lume. Un servizo de emerxencia coma o SPDCIF non pode vivir máis episodios de persoal apto con restriccións acomodados en vehículos oficiais mentres ó resto en tarefas de extinción.

Abreviando, a CIG non pode dar o voto favorábel a un acordo onde non recolla, entre outras, ao persoal con limitacións prescritas, ao persoal laboral temporal, así como unha asignación de prazas no mesmo ámbito territorial coa necesidade de mantér unha unidade de traballo eficiente e que desenrolaría as labouras preventivas, disuasión máis apoio loxístico. Recoñecemos que houbo avances en outros aspectos recollidos no acordo, pero insuficientes á hora dun dictamen positivo.

Logo do pase da negociación pola comisión de seguimento, ó acordo de segunda actividade transitará por xuntanza de Función Pública co Comité Intercentros, para a súa aprobación, se procede. Está previsto xuntanza para o xoves, 8 de xuño de 2017.