Procesos selectivos de promoción interna de persoal laboral

Nas catro bases retiran a caducidade dos cursos aos 10 anos e por tanto non caducan. Dan cumprimento así a unha das principais demandas da CIG.

A CIG explica que o seu voto está condicionado polos seguintes aspectos: as bases son da nosa satisfacción, e recoñecemos o traballo da subdirectora na negociación. Porén, a promoción interna ven condicionada pola OEP 2016. Recoñecemos que pode existir interese dos traballadores na promoción interna ao grupo IV, pero non así ao grupo V. Lembramos que a promoción interna do grupo V é unha involución con respecto ao que dispón o V Convenio, xa que este xa lle permite ao persoal laboral cambiar de categoría dentro do seu grupo a través do concurso de traslados, mentres que con esta promoción interna do grupo V para cambiar de categoría vai ser necesario superar un exame.

Ao tempo mantemos a nosa demanda de que os procesos de acceso libre teñen que ser de persoal laboral, tal e como está aprobado na OEP 2016, e rexeitamos que agora os queiran sacar de peresoal funcionario. Expuxemos que isto ía xerar unha fonte de problemas, entre outros, que as escalas foron creadas no subgrupo C2 e pode haber persoal temporal do SPDCIF do grupo V que non teña a titulación académica necesaria (ESO) para acceder ao subgrupo C2, co que non tería posibilidade de acceder á oposición para ser persoal fixo. Aparte de que a categoría 14 peón/oa defensa contra incendios forestais do grupo V quedou “fóra” das escalas creadas. Ainda así temos claro que o que agora votamos é a promoción interna, non o acceso libre.

Para os procesos selectivos do SPDCIF, comprométese o director xeral da Función Pública a localizar un manual que elaborara Medio Rural para unhas oposicións de hai anos, actualizalo e publicalo.

  • P.I. a IV-003 (auxiliar de enfermaría): CIG e CCOO: a favor. CSIF: en contra. UGT: absención
  • P.I. a IV-033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba): CIG: a favor. CCOO: abstención. CSIF e UGT: en contra.
  • P.I. a V-001 (Camareiro/a-limpador/a. Axudante/a cociña): CIG e CSIF: en contra. CCOO e UGT: a favor.
  • P.I. a V-14 (Bombeiro/a forestal), V-14A (Bombeiro/a forestal condutor), V-10B (Vixiante fixo/a de defensa contra incendios forestais) e V-10C (Emisorista de defensa contra incendios forestais):CIG, CSIF e UGT: en contra. CCOO: abstención.

Axencia do Coñecemento da Saúde

Non hai cambios respecto da Mesa Xeral. Os catro sindicatos votan en contra.

Adhesión de CCOO e CSIF ao acordo de persoal veterinario

CCOO e CSIF xustifican a súa petición porque se incorporou outro grupo de persoal veterinario (Consellería do Mar). CIG e UGT non teñen nada que dicir a favor ou en contra da integración, pero con este paso os outros sindicatos están a recoñecer que o acordo (que criticaron con dureza) non era tan malo.

Listas do Sergas para determinados chamamentos da Xunta

CIG e CSIF en contra. CCOO e UGT a favor. (Preme para máis información)

Rogos e preguntas

  • Data de elección de destino de A1-P.I.: 8/9/2017.
  • Repetición do 2º exercicio de persoal delineante: 1/9/2017.
  • Comisión de seguimento de persoal veterinario: 8/9/2017.
  • Decreto de organización das escolas nautico-pesqueiras: alegacións ata o 6/9/2017.
  • Asistencia técnica na S.X. Igualdade con COGAMI: nega a súa existencia.
  • Plan antifraude en oficinas de emprego: en setembro-outubro entrarán máis de 100 persoas (agora tiñan 21). Serán chamamentos das listas.
  • Segunda actividade persoal SPDCIF: resolvéronse 8 solicitudes.
  • Xubilacións parciais: tramitáronse 775 solicitudes a 7/8/2017.
  • Prazas abertas á Administración local: informa o director xeral da Función Pública que teñen escrito da FEGAM de 2/5/2017 no que informan de que o Concello da Coruña ten abertas 101 prazas (dun total de 1999), o que supón o 5% do seu total. Excluíndo a policía local (sobre a que Función Pública non ten competencias), serían o 6,3%. Mentres tanto, na Administración Autonómica temos abertas á local 65 prazas. A CIG afirma que o que teñen abertas son case unicamente prazas de LD, e que estariamos dispostos a negociar algunhas prazas de concurso e non todas de LD, a fin de facilitar a mobilidade sen que sexa a dedo. O DXFP afirma que é algo que poderíamos negociar.
  • Cronograma oposicións: As promocións internas de persoal laboral aprobadas nesta comisión de persoal serán convocadas en setembro. Van enviar os datos dos procesos que se negociarían en outubro/decembro do 2017 e os que quedarían para o 2018. 
  • Afirma que todos os procesos de libre para os que existen novas escalas de persoal funcionario (antes persoal laboral) serán convocados como persoal funcionario. A CIG insiste en que esto non ten que ser así por imperativo legal, polo que insistimos en que se convoquen como persoal laboral. O director xeral di que esto xa está decidido e non vai ser materia de negociación. 
  • Solicitamos novamente o acordo entre Política Social e Sanidade para recoñecementos médicos do EVO => o director xeral: é un acordo entre as consellerías, e a elas temos que dirixirnos.
  • Informe da asesoría xurídica C2-Libre => o director xeral: recibírono onte. Na 1ª semana de setembro comunicarán a decisión tomada.
  • Criterios da Oferta de Emprego: solicitamos ser oidos. -> O director xeral: xa recibiron o escrito de Madrid. Non indican prazo para alegacións. Respostarán en setembro.
  • Cobertura de persoal subalterno vacantes tras promoción interna: será seguindo o procedemento ordinario, a medida que o soliciten as consellerías...
  • Permutas entre persoal temporal/indefinido: a pesares de existir un acordo que o permite para docentes interinos, o director xeral afirma que é criterio de Facenda non permitir estas permutas en Administración, polo que non van retirar o recurso contra sentenza que da a razón a unha persoa.