Plan de redución da temporalidade e funcionarización

Despois do paripé de negociación que se montaron CCOO, CSIF e UGT con Función Pública, excluíndo á CIG, e da nosa advertencia escrita de impugnar calquera acto derivado do mesmo xa que legalmente non poden furtar esta materia da negociación coa CIG, informa o Director de Función Pública que ao longo do mes de marzo remitirán a todas as organizacións sindicais os listados de postos para alegacións, comezando así a negociación real á que están obrigados.

Teñen previsto iniciar tamén a negociación da OEP 2018. Será un proceso complexo, afectado polas negociacións en Madrid. Os prazos serán tamén materia de negociación.

Derrogación da Lei 1/2012 (lei de medidas temporais no emprego público de Galiza)

Posto que o goberno presume do ben que vai a economía, reclama a CIG a derrogación das medidas temporais ordenadas por esta lei. Comprométese o Director Xeral de Función Pública a facer consultas con Facenda e estudar a posibilidade da derrogación con efectos no 2019.

RPT AGADIC

Rexeitamos a proposta de amortizacións que nos presenta a Consellería de Cultura. A proposta de modificación da RPT foi aprobada co voto en contra da CIG e CCOO, e a abstención de CSIF e UGT.

RPT da AXI (Axencia Galega de Infraestruturas)

Ainda que podemos apoiar esta modificación parcial, discrepamos sobre as áreas funcionais. Foi aprobada coa abstención da CIG e o voto a favor de CCOO, CSIF e UGT.

Procesos selectivos enxeñeiros industriais e enx.tec.industriais, OEP-2014

Estes procesos foron convocados en maio do 2016, con lista definitiva de admitidos/excluidos o día 27/01/2017. A día 27/02/2018, máis dun ano despois, aínda non se constituíu o Tribunal. Infórmanos Función Pública que os problemas para a súa constitución estarían resoltos neste mes de marzo.

Kronos en Cultura

Lembramos a Cultura a petición de sentarnos a negociar sobre a implantación do Kronos nos centros de cultura. Manifestan que teñen intención de convocarnos.

RPT do Consorcio

“Estamos en ello”, sen datas.

Convocatorias oposicións profesores escolas nautico-pesqueiras

En vindeiras semanas remitirán a proposta de programa.