Mesas de negociación

O martes 26 tivo lugar unha Comisión de Persoal na que se aprobaron as convocatorias de varios procesos selectivos, a modificación da RPT do ISSGA e a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Tamén houbo información interesante en rogos e preguntas

MODIFICACIÓN DA RPT DO ISSGA

A pesares das dúbidas legais expostas pola CIG, a Administración non fixo ningún cambio. Descargar. A RPT foi aprobada co voto en contra de CIG e CCOO, e a abstención de CSIF e UGT.

PROCESO SELECTIVO C2-AUX.SPDCIF

A petición da CIG o DXFP aclara que non se pode participar simultaneamente na quenda de acceso libre e na de promoción interna. Tamén aclara que o tempo traballado na categoría 14 A Bombeiro/a forestal condutor/a computará para a especialidade de Bombeiro/a forestal. O mesmo coa experiencia profesional de emisoristas e vixiantes fixos que computarán para a especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a. Preguntado pola categoría de vixilante móbil que non ten correspondencia en ningunha escala, o DXFP di que proximamente traerán unha proposta. Retiran a valoración por puntos da proba física, retomando o de apto/non apto. Enviarán o documento final cos cambios introducidos. Descargar versión inicial da CP.

Aprobado coa abstención de CIG, voto a favor de CCOO e UGT, e voto en contra do CSIF.

PROCESO SELECTIVO A1-SAÚDE LABORAL

Cambios: suben o tempo do primeiro exame de 210 a 230 minutos e o do segundo de 130 a 150. O primeiro exame non será antes dos 12 meses posteriores á data de publicación da convocatoria no DOG. Enviarán o documento final cos cambios introducidos. Descargar versión inicial da CP.

Aprobado coa abstención de CIG e CCOO, e voto a favor de CSIF e UGT.

PROCESO SELECTIVO A1-SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

Cambios: suben o tempo do primeiro exame de 210 a 230 minutos e do segundo de 130 a 150. O primeiro exame non será antes dos 12 meses posteriores á data de publicación da convocatoria no DOG. Enviarán o documento final cos cambios introducidos. En consonancia co exposto para a RPT do ISSGA, CIG plantexa dúbidas legais a respecto da titulación esixida. Descargar versión inicial da CP.

Aprobado coa abstención de CIG e CCOO, e voto a favor de CSIF e UGT.

PROCESO SELECTIVO A2-SAÚDE LABORAL

Cambios: suben o tempo do primeiro exame de 180 a 200 minutos e o do segundo de 100 a 120. O primeiro exame non será antes dos 12 meses posteriores á data de publicación da convocatoria no DOG. Enviarán o documento final cos cambios introducidos. Descargar versión inicial da CP.

Aprobado coa abstención de CIG e CCOO, e voto a favor de CSIF e UGT.

PROCESO SELECTIVO A2-SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

Cambios: suben o tempo do primeiro exame de 180 a 200 minutos e o do segundo de 100 a 120. O primeiro exame non será antes dos 12 meses posteriores á data de publicación da convocatoria no DOG. Enviarán o documento final cos cambios introducidos. Descargar versión inicial da CP.

CIG e CCOO abstención, CSIF e UGT a favor. En consonancia co exposto para a RPT do ISSGA, CIG plantexa dúbidas legais a respecto da titulación esixida.

FORMACIÓN EN IGUALDADE E PREVENCIÓN E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Proposta de Orde de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza, pola que se establece o procedemento de recoñecemento e validación previsto no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autonóma de Galicia, e se regula o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Descargar versión da CP.

CIG denuncia que non houbo negociación, polo que vota en contra, CCOO e CSIF a favor e UGT abstención.

ROGOS E PREGUNTAS

O DXFP informa:

  • A vindeira MX será o venres e irán as bases de subalternos, a de ordenanzas, a de técnicos estatísticos e a de letrados (finalmente estas dúas non entraron). Con esto remataría o primeiro ciclo de convocatorias.
  • A finais de marzo, nun segundo ciclo, virá a negociación dos procesos da escala de Servizos Sociais (médicos/as, psicólogos/as, enfermeiros/as, terapeutas ocupacionais, etc) preto de 600 prazas para aprobar en abril.
  • Nos vindeiros días virá a orde que regulamenta a concesión do grado I do procedemento extraordinario de carreira profesional, coa intención de aprobala en marzo.
  • Manteñen a intención de aprobar a OEP 2019 no primeiro trimestre. Di o DXFP que a data máxima para levala ao Consello da Xunta é o 28/03/2019.

CIG pregunta pola aplicación do V Convenio ao persoal da Fundación Cidade da Cultura. Non lle consta petición ningunha nese senso. Mirarano.