A CIG, xunto a CSIF, solicitamos aprazamento da Mesa Xeral:

  • Pola cantidade de temas a tratar na mesa e o extenso da documentación, que fai materialmente imposíbel o seu estudo e valoración que permita afrontar unha negociación colectiva real e efectiva.
  • Porque están sen rematar as xuntanzas sectoriais coas consellerías para información e tratamento das diversas RPTs que se pretenden abordar en dita mesa. En concreto as RPTs de Medio Ambiente, de Medio Rural, de Gain e IGVS.
  • Porque no punto do decreto de funcionarización, as organizacións CIG e CSIF foron privadas da información requirida nas alegacións efectuadas. Nin tan sequera se deu resposta ás alegacións efectuadas. Tampouco existiu ningunha xuntanza de negociación específica cando neste tema están afectados milleiros de traballadores, toda vez que afecta ao seu réxime xurídico e as súas condicións de traballo.

(CCOO e UGT rexeitaron solicitar o aprazamento; supoñemos que eles si tiveron algunha xuntanza con FP e máis tempo para estudar a documentación, especialmente no asunto da funcionarización)

Agardamos que Función Pública adie a convocatoria da Mesa Xeral ata que se proceda a realización das reunións sectoriais mencionadas.