Procesos selectivos pendentes: solicitamos un cronograma de todos eles. Mirarán de facelo. FP informa que o de veterinarios continúa pendente dunha parte do informe da asesoría, que contan con telo esta semana. En canto aos procesos de químicos e biólogos, remitirań en breve as prazas para a elección de destino. En xullo tentarán ter aprobada algunha convocatoria máis.

Exames de promoción interna: manteñen a previsión da primeira quincena de xullo, nos vindeiros días informarán de datas concretas.

Solicitamos os informes xurídicos emitidos en relación á cuestión de inconstitucionalidade do Acordo de concertación. O DXFP di que non hai ningún informe para esa cuestión e que os únicos informes que hai son os que fixeron no seu momento para as leis de medidas e de orzamentos.

Contratación de orientadores laborais para as oficinas de emprego: son 3.000 parar todo o estado. Está pendente de que a conferencia sectorial faga o reparto por CCAA. Din que os actualmente contratados na Galiza (140) están dentro dese total de 3.000. Falan de setembro.

Recuperación do artigo 19 do Convenio e resto de recortes: a CIG volve reclamar a derrogación das medidas de recorte aplicadas na Lei 1/2012 e por tanto recuperar o artigo 19 do convenio, Fondo de Acción Social, etc. Función Pública remítese á futura negociación das leis de orzamentos e medidas do ano 2020.

Integración do CIXTEC en AMTEGA: di FP que se fará cando teñan un proxecto consensuado por ambas partes.

Subida do 0,25 % variable: está pendente de que se aprobe no Consello de Ministros onde se certifique o cumplimento do 2,5 do PIB en todo o Estado. Contan con que poderase cobrar xa na nómina de xullo, de non ser así quedaría para a de agosto.

Comisións de servizo: o director xeral de Función Pública informanos que ten a intención de volver a prorrogar as comisións de servizo ata a resolución do concurso de traslados de corpos xerais. A CIG presentou un escrito de reclamación, iniciando un proceso que seguramente rematará no xulgado contencioso.

RPT Cultura: segue igual, din que nas vindeiras semanas.