Mesas de negociación

Xa tedes dispoñibel na zona de descargas o resumo da sesion plenaria celebrada polo Comité Intercentros de persoal laboral da Xunta de Galicia do 20 de outubro de 2009. Ligazón ao documento.

Xa tedes dispoñibel na zona de descargas o resumo da sesion plenaria celebrada polo Comité Intercentros de persoal laboral da Xunta de Galicia do 6 de outubro de 2009. Ligazón ao documento.


Xa tedes dispoñibel na zona de descargas o resumo da sesion plenaria celebrada polo Comité Intercentros de persoal laboral da Xunta de Galicia do 6 de outubro de 2009. Ligazón ao documento.


O 30/09/09 tivo lugar en Compostela unha reunión co Director de Función Pública, unha reunión coas Consellerías de Facenda e Sanidade e unha Comisión de Persoal, que resumimos mais abaixo.

En data 13 de Xullo, voltamos formular solicitude de xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de Condicións Especiais de Traballo do Persoal Laboral do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galiza, en aplicación do establecido no punto 3.16 do citado acordo, para tratar as seguintes cuestións, que están sendo incumpridas reiteradamente:

Dispoñibel na zona de descargas a Acta definitiva da sesion plenaria celebrada polo Comité Intercentros de persoal laboral da Xunta de Galicia o 9 de xuño de 2009. Ligazón ao documento.

Como organización sindical asinante do V Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galiza e, con representación na comisión de seguimento do acordo de condicións especiais de traballo do persoal do SPDCIF, solicitamos xuntanza á maior brevedade posíbel da citada comisión á Conselleria do Medio Rural para tratar as seguintes cuestións e, que a maioría delas están a incumprir reiteradamente:

Este é un resumo da segunda Mesa Xeral co novo goberno da Xunta. Subliñar os dous puntos mais urxentes e importantes para o PP: na primeira Mesa Xeral levaron a retirada do Galego para os futuros empregados públicos Galegos, e na segunda Mesa Xeral, a suba de retribucións das xefaturas territoriais. Tratouse tamén a xornada de verán, un par de RPTs, proceso selectivo de axentes forestais e varios asuntos en rogos e preguntas.

Na primeira Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos (máximo órgano de "negociación" entre representantes dos empregados e empregadas públicos cos responsabeis políticos da Xunta), chega a primeirísima preocupación do PP, o primeiro ataque á lingua propia de Galiza.

Alí estaremos, o venres 22, ás 11:30, na EGAP (Escola Galega de Administración Pública), en Compostela, para que se vexa a nosa oposición ao documento que vai á Mesa (se o queres, preme en "Ler máis").

O 13 de marzo tivo lugar a Mesa Xeral do NON. O goberno en funcións despidese paralizando a Función Pública, co apoio incuestionábel de CCOO e CSIF. Pasamos do extremo dos derradeiros dias de Fraga, nos que se tomaron demasiadas de decisións que comprometeron a acción do goberno entrante (sendo Alberto Núñez Feijoo o  Vicepresidente), a un goberno que non é quen sequera de rematar asuntos aprobados cando non estaba en funcións.