Mesas de negociación

Dispoñibel na zona de descargas a Acta definitiva da sesion plenaria celebrada polo Comité Intercentros de persoal laboral da Xunta de Galicia o 9 de xuño de 2009. Ligazón ao documento.

Como organización sindical asinante do V Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galiza e, con representación na comisión de seguimento do acordo de condicións especiais de traballo do persoal do SPDCIF, solicitamos xuntanza á maior brevedade posíbel da citada comisión á Conselleria do Medio Rural para tratar as seguintes cuestións e, que a maioría delas están a incumprir reiteradamente:

Este é un resumo da segunda Mesa Xeral co novo goberno da Xunta. Subliñar os dous puntos mais urxentes e importantes para o PP: na primeira Mesa Xeral levaron a retirada do Galego para os futuros empregados públicos Galegos, e na segunda Mesa Xeral, a suba de retribucións das xefaturas territoriais. Tratouse tamén a xornada de verán, un par de RPTs, proceso selectivo de axentes forestais e varios asuntos en rogos e preguntas.

Na primeira Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos (máximo órgano de "negociación" entre representantes dos empregados e empregadas públicos cos responsabeis políticos da Xunta), chega a primeirísima preocupación do PP, o primeiro ataque á lingua propia de Galiza.

Alí estaremos, o venres 22, ás 11:30, na EGAP (Escola Galega de Administración Pública), en Compostela, para que se vexa a nosa oposición ao documento que vai á Mesa (se o queres, preme en "Ler máis").

O 13 de marzo tivo lugar a Mesa Xeral do NON. O goberno en funcións despidese paralizando a Función Pública, co apoio incuestionábel de CCOO e CSIF. Pasamos do extremo dos derradeiros dias de Fraga, nos que se tomaron demasiadas de decisións que comprometeron a acción do goberno entrante (sendo Alberto Núñez Feijoo o  Vicepresidente), a un goberno que non é quen sequera de rematar asuntos aprobados cando non estaba en funcións.