Mesas de negociación

O martes 19 de xullo reuniuse a Comisión de Persoal para aprobar varios asuntos:

RPT de Infraestruturas e Vivenda

A CIG recoñece o talante negociador da consellería, pero mantemos a nosa disconformidade coa amortización de 8 postos de traballo (7 postos base de persoal funcionario e 1 de limpador). Rexeitamos tamén a cobertura de postos mediante Concurso Específico.

CIG, CCOO e UGT votamos en contra. CSIF abstívose.

RPT de Política Social

Á preguntas da CIG sobre as seguintes cuestións, tivemos as seguintes respostas por parte de Función Pública:

CONCURSO DE CORPOS XERAIS

Se están gravando as reclamacións e para a semana nos poderá avanzar algo.

PROCESOS DE PROMOCIÓN INTERNA

Demandamos que se nos adiante unha data aproximada dos segundos exames, principalmente para saber se se realizarán antes ou despois do verán.

Comenta o director xeral que na escala técnica de finanzas (libre e promoción interna) o tribunal avanzou un cronograma coa data do segundo (2ª quincena de xullo) e terceiro exercicio (2ª quincena de outubro) e que se intentará que isto o fagan o resto dos tribunais de promoción interna onde xa está fixada a data do primeiro exercicio.

1.- Proposta de acordo polo que se constitúe a Comisión de seguimento sobre aplicación instrucións sobre o réxime vacacións, permisos e licenzas.

Apróbase a constitución da Comisión co voto a favor de todos os sindicatos e coa petición de que se convoque canto antes. A Administración comprometeuse a mandar a convocatoria o luns día 25 de abril. 

2.- Protocolo para a prevención do acoso laboral.

A CIG foi o único sindicato que criticou a falla de interese demostrado pola Administración durante case ano e medio  en relación a este documento.

O día 7 de abril se celebrou unha Comisión de Persoal onde ademais dos puntos que relatamos se nos deu información pouco precisa sobre varios asuntos de interese:

Punto primeiro: Proposta de modificación da RPT do Instituto de Estudos do Territorio (IET)

Apróbase co voto a favor das catro organización sindicais.

Punto segundo: Proposta de acordo polo que se constitúe a Comisión de seguimento sobre a aplicación das instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, aprobadas por Resolución do 24 de febreiro de 2016

A petición das organizacións sindicais, quedou adiado este punto por discrepancias na redacción do texto do acordo. Convocarán para o luns ou martes da vindeira semana.

Varios:

  • Comisións de servizo de persoal do SPDCIF: solicitamos a cobertura tanto de todos os postos que recentemente saíron ofertados en comisión de servizos como dos postos que deixan os/as solicitantes desas comisións de servizo.
  • Solicitouse a convocatoria dunha mesa específica para tratar o tema das adscricións por motivo de saúde do persoal non apto para desenvolver o seu posto de traballo e que non deriva nunha incapacidade.
  • Solicitouse que na convocatoria davindeira mesa xeral se trate o tema dos FISP (Farmacéuticos inspectores de Saúde Pública).
  • Promoción interna: o luns estarán publicados todos os temarios e o calendario mantense para finais do mes de maio.
  • Concurso de traslados da admón. xeral: estará resolto antes do verán.
  • Procesos selectivos de 2015 dos corpos especiais: a toma de posesión será entre abril e maio.
  • Comisión de seguimento do acordo dos veterinarios: intentarán convocala o antes posible.
  • RPT Agadic: xuntanza na vindeira semana e irá a mesa xeral neste mes de abril.

Na Mesa Xeral do 11 de marzo, e na xuntanza previa co director de función pública do día anterior, a maiores da RPT de AMTEGA e diversos asuntos de gardacostas, tratáronse os procesos selectivos de diversas escalas, e outros asuntos de interese:

Procesos selectivos a escalas de químicos, biólogos, estatísticos, letrados e enxeñeiros superiores e técnicos industriais

Función Pública comunica algún cambio, pero que non afectan ao que sería a estrutura dos procesos. Estes son os cambios:

  • Modifican o número de prazas de estatística que pasan a ser do 50% para promoción interna. En canto a letrados, queda pendente a resposta de se aceptan ou non que haxa promoción interna.
  • Presentan unha nova proposta de temario específico para biólogos, químicos e para enxeñeiros superiores e técnicos industriais. O resto de temarios específicos están pendentes de resposta das consellerías.

O mércores 11 de novembro os sindicatos sentámonos coa Administración na Mesa Xeral e Comisión de Persoal, onde tratamos diversos asuntos (RPT Vicepresidencia, RPT Presidencia, RPT Cultura, modificación dos programas que rexen nos procesos selectivos de corpos xerais por libre e promoción interna, e asuntos de interese en rogos e preguntas).

Relacións de postos de traballo

Das relacións de postos de traballo (RPT), destaca a de Vicepresidencia. Recoñecemos que houbo negociación real, con cambios respecto da proposta inicial. Finalmente a CIG non apoiou a proposta da consellería porque amortizan de 9 postos de traballo, todos de niveis baixos, destacando a eliminación de catro postos de limpador/a que vai dar lugar necesariamente á entrada dunha empresa privada. CIG, CCOO e UGT votamos en contra. CSIF votou a favor.

En canto á RPT de Presidencia da Xunta, limítase a crear dous postos de traballo na Secretaría Xeral de Emigración, obrigados pola LOFAXGA e integración da Fundación Galicia Emigración. CIG, CCOO e UGT abstivémonos, mentres CSIF tamén votou a favor. 

O luns 9 de novembro tivemos unha xuntanza con Función Pública previa á Mesa Xeral e á Comisión de Persoal convocadas para o mércores 11 de novembro, onde tratamos diversos asuntos de interese (listas substitucións, procesos selectivos, concursos, permisos, veterinarios, periodo de desfrute dos días de vacacacións e asuntos propios por antigüidade..).

Na Mesa Xeral e Comisión de Persoal do mércores 11 vamos tratar:

  • Relación de Postos de Traballo da Vicepresidencia (creacións, amortizacións e modificacións variadas).
  • Relación de Postos de Traballo da Presidencia da Xunta (Secretaría Xeral de Emigración).
  • Relación de Postos de Traballo de Cultura e Educación (técnicos superiores de biblioteca).
  • Modificación das bases dos procesos selectivos de corpos xerais, tanto de libre como de promoción interna, A1-A2-C1-C2, para adaptalos ás recentes reformas normativas. Descargar proposta.

Na xuntanza que tivemos o venres 24 de xullo con Sanidade pola súa RPT, a CIG forzou unha vez máis o debate sobre o marco de negociación dos funcionarios e funcionarias da Lei 17 (escalas sanitarias). Estamos a falar de funcionarios e funcionarias de administración especial, que nas recentes eleccións sindicais escolléronos como seus representantes, e inclusive algún deles está nalgunha Xunta de Persoal. Porén, Sanidade négalles a negociación a través dos e das súas lexítimas representantes, pois teiman en negociar no marco da Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Estatutario.

Recoñecemos que estas escalas sanitarias son unha excepción en canto a que son os únicos funcionarios e funcionarias que non dependen de Función Pública, senon de Sanidade. Pero eso non quita a que Sanidade ten que negociar a través da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, e non na de Estatutarios, porque son persoal funcionario.

Así as cousas están pendentes de negociar seu concurso de traslados, a oferta de emprego, listas de substitución, acceso á formación.. Ata está pendente negociar as instrucións de vacacións, permisos e licenzas (a unha parte deles e delas estanlles a aplicar o "acordo de concertación social" do ano 2001 pactado entre Sanidade e os sindicatos do persoal estatutario, sen que os representantes dos traballadores e traballadoras fosen sequera escoitados).

Xuntao coas RPTs de Traballo, AXI e ATURGA, e a resolución de instrucións de vacacións, permisos e licenzas, na Mesa Xeral do 7/7/2015 tamén se tratou o decreto de creación e estatutos da nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, xunto con diversos asuntos de interese en “rogos e preguntas”.

Decreto de Creación e Estatutos da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

O Decreto que presentan foi rexeitado por unanimidade dos sindicatos na Mesa Sectorial do SERGAS. Xa presentamos alegacións na Mesa Sectorial, onde non tiveron en conta as nosas demandas. O que están a facer é cumprir o trámite, sen negociación real. Solicitamos a retirada da proposta e unha nova negociación na mesa sectorial do SERGAS.

Rogos e preguntas

Decreto de listas: informa o DXFP que esta semana ou a vindeira enviarán un proxecto de modificación de listas, no que contemplan o caso das contratacións inferiores á xornada ordinaria.

Na Mesa Xeral do día 9 de xuño, ademais de tratar as bases dos procesos selectivos de acceso libre para corpos xerais, e o horario de verán para o 2015, tamén se tratou o seguinte:

  • Instrucións de vacacións, permisos e licenzas: na LEPG os sábados son considerados días inhábiles e non se fai referencia á acumulación dos moscosos cos 6 días de vacacións que se poden disfrutar de forma independente. Informamos de que nalgúns centros de traballo se está a negar esta acumulación aos traballadores/as. Isto entra en contradición co estipulado nas instrucións de vacacións, permisos e licenzas polo que solicitamos unha aclaración ao respecto. O DXFP informa que están traballando na modificación das citadas instrucións e que antes de que remate o mes de xuño se lle enviará o novo texto ás OOSS.
  • Proceso selectivo do subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas. Preguntamos pola data do 2º exame. O DXFP remítenos á Subdirección Xeral de Provisión de postos e Selección de Persoal.
  • Axentes facultativos medioambientais: esta toma de posesión, así como todas as tomas de posesión que están pendentes, quedará para despois do verán.
  • Chamamento de orientadores: informa o DXFP que se está a tramitar o expediente dende hai semanas, que está pendente o tema orzamentario dende Madrid e que polo de agora non hai nada.