Mesas de negociación

Esta comisión de persoal da continuidade á Mesa Xeral do 26/04/2013. Durante a súa realización houbo concentración de delegados e delegadas sindicais ás súas portas en protesta pola amortización de máis de 200 postos de emprego público e os despedimentos de máis de 50 compañeiras e compañeiros. Tamén saíron moitos temas no punto de varios (xubilación parcial, procesos selectivos, concursos, instrucións de permisos para persoal laboral, etc.)


RPT de Cultura e Educación

Votamos en contra. A xustificación a grandes liñas: crean postos innecesarios como as vicesecretarías xerais ao tempo que amortizan postos necesarios e destruen emprego público, manteñen requisitos imprescindíbeis como os de experiecia, manteñen aperturas a outras administracións, docentes, local, sen criterios de reciprocidade. Os demáis sindicatos tamén votan en contra.

Despedimentos, supresión de postos, imposición, mala fe. Esto é o que o goberno do PP entende que é unha mesa de negociación. Varios centos de follas que debemos ler en escasamente unha xornada de traballo. Un simple formulismo, un trámite a cumprir.

O venres 26 os representantes da Administración volveron a impoñer a súa vontade sen mover unha soa letra no que chamamos Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, na que discutimos a proposta de modificación das relacións de postos de traballo das consellarías de Traballo e Benestar, Cultura e Educación, Instituto de Estudos do Territorio, e o decreto polo que aproban os estatutos do IGAPE. Unha vez pasada a Mesa, agora ven o último trámite previo á súa aprobación definitiva: a Comisión de Persoal o martes 30 de abril.

Concentración, ás 9:30, na EGAP.

O martes 30 de abril teremos a Comisión de Persoal na que os representantes da Administración pretenden finiquitar a modificación das relacións de postos de traballo das consellarías de Traballo e Benestar, de Cultura e Educación e do Instituto de Estudos do Territorio, xunto co decreto de estatutos do IGAPE.

O venres 26 foron estes mesmos asuntos á Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, paso previo á Comisión de Persoal. A Administración actuou coa prepotencia habitual, sen vontade negocial, impoñendo a súa proposta sen mover unha letra.

A Consellería de Cultura, Educación e O.U. vén de presentar na mesa sectorial de persoal docente do 12 de abril a proposta dun novo decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos. A intención da Consellaría de Educación nesta altura é deixar ao marxe ao persoal laboral na negociación deste decreto, a pesar de que afecta directamente ás súas condicións de traballo.

Por ese motivo, desde a CIG presentamos un escrito a Secretaría Xeral Técnica de Educación e á Dirección Xeral da Función Pública facendo constar o seguinte:

- Que desde a CIG temos coñecemento de que a Consellería de Cultura, Educación e O.U. ten intención de negociar na mesa sectorial de persoal docenteconvocada para o día 12 de abril de 2013 a proposta de novo decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos nonu niversitarios dependentes da Consellaría que ostenta as competencias en materia de Educación.

No DOG do 20/03/2013 publicáronse as Instrucións de permisos, vacacións e licenzas. As ditas instrucións non son de aplicación directa ao persoal laboral pois iste ten o seu propio ámbito negocial. Xa que logo, CIG e UGT, como asinantes do V Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, solicitaron xa a convocatoria da Comisión Paritaria, con carácter de urxencia, para introducir as melloras que se desprendan das ditas instrucións con relación ao xa recoñecido.

En calquera caso, os diferentes servizos de persoal, por indicación da Función Pública e tal como se falara nas xuntanzas previas coas organizacións sindicais, lles aplicarán estas melloras ao persoal laboral con efecto inmediato sen necesidade de agardar ao acto formal de modificación do convenio.

Na Comisión de Persoal do mártes 12 de marzo modificouse o Decreto de Provisión de Postos e aprobouse a resolución que regula as vacacións, permisos e licenzas. Tamén se deu información sobre o estado dos concursos de traslados, destinos, persoal das escalas sanitarias, comisións de servizo, laboratorios de saúde pública, ..

1. Modificación do Decreto 91/93 de provisión de postos

O goberno do PP impuxo unha modificación dos prazos de toma de posesión nos concursos de traslados para os casos en que haxa cambio de localidade, que pasa dun mes a: sete días cando se produza conxuntamente un cambio de localidade de traballo e cambio de residencia, e tres días cando sexa cambio de localidade de traballo sen que haxa cambio de residencia.

Despois de dúas xuntanzas con Medio Rural polos cadrantes do SPDCIF para este ano, seguimos igual. A proposta da Consellaría do Medio Rural e do Mar é a seguinte:

- Domingos alternos en baixo risco e un 4-2 máis un domingo de cada 4 en alto risco.
- Dous días naturais ininterrumpidos de descanso por semana.
- Unhas ‘H’ repartidas ao longo do ano en baixo risco sen especificar cal é o seu significado.
- 16 días libres festivos dos cales, a metade, disfrutaranse no festivo correspondente e os restantes en días de traballo.
- 22 días hábiles de vacacións.
- Sen compensacións polos domingos e festivos traballados.

Os delegados e delegadas da CIG do SPDCIF non chegamos a comprender o por que desta negociación, xa que a día de hoxe aínda permanece vixente o acordo de condicións de traballo do SPDCIF incluido no V Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, no que claramente veñen reflectidos os nosos dereitos e deberes.

O pasado 5 de febreiro mantívose unha nova xuntanza con Medio Rural para a negociación das quendas do dispositivo de prevención e extinción de incendios. Asistentiron á reunión  representantes da administración (Miguel A. Cela, Joaquin Macho , Asunción Labella) e pola parte sindical CCOO, CSIF, CIG e UXT.

Desde a CIG propuxemos, partindo como base dos cadrante das distintas provincias, un cadrante rotativo con libranzas semanais (dous días libres), fin de semáns alternos en baixo risco e un como mínimo en alto risco. Ademais, un máximo de 5 días consecutivos de traballo, 16 festivos anuais (dos cales a metade teñen que coincidir co propio festivo), 30 días de vacacións fóra de campaña e quendas rotativas semanais de mañáns, tarde e noite.

O goberno do PP pretende, vía disposición adicional décimo setima da lei de orzamentos do 2013, a suspensión do art. 19.1 do vixente V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galiza, polo que o descanso semanal de dous días continuados pasaría a ser de día e medio como se recolle no Estatuto dos Traballadores.

O Comité Intercentros na súa xuntanza do martes 15 de xaneiro cos grupos parlamentares PP, PSOE, AGE e BNG, veu a denunciar que a decisión do goberno do PP é propia dunha república bananeira xa que, bordeando a legalidade, muda o pactado libremente na negociación colectiva, a pesares de que o art. 37.1 da Constitución española establece a forza vinculante dos convenios colectivos. Manifestamos o malestar  por esa doble faciana do goberno galego, cando actuando como poder executivo é quen de asinar un convenio e, de seguido ser quen de mudalo empregando a  súa maioría absoluta na cámara galega. Denunciamos que esta actuación ven precedida  da "suspensión sine díe" de varios artigos do mesmo convenio coa Lei de medidas do emprego público de galiza.

Na Comisión de Persoal do 20 de decembro de 2012 a Administración volveu a pasar o rodelo e no canto de negociar, impuxo a súa maioría. A CIG votou a favor do único punto do día que foi negociado, e en contra de todas as propostas da Administración nas que non quixo negociar, incluídos os criterios da Oferta de Emprego Público 2012, que é unha mera refundición das OEP pendentes de execución.

Hai que salientar que na rolda de intervencións demandóuselle á Dirección Xeral da Función Pública pola veracidade das informacións sobre un novo recorte do 7% aos empregados públicos recollida na prensa, sobre o que a Administración limitouse a afirmar que non se presentaría a concreción do recorte até a mesa xeral do venres 21 de decembro na EGAP. Paradoxalmente, o director xeral da Función Pública afirmara na mesa xeral do luns 17 que non tiña coñecemento de que se fosen producir recorte inminentes.