Mesas de negociación

O mércores 2 de maio tivemos a Mesa Xeral na que os sindicatos discutimos cos representantes da administración as instruccións de incapacidade temporal e unha modificación da relación de postos de traballo da consellaría de educación e da Axencia Galega de Infraestructuras. Como sempre, a Mesa non foi de negociación, senon de imposición.

Instruccións IT

Vemos indicios de inconstitucionalidade e pedimos que se paren os efectos da lei (que non se aplique) ata que o tribunal constitucional resolva. Independentemente do anterior e da nosa posición en contra da lei, fixemos unha serie de alegacións conducentes a reducir os casos en que se van aplicar descontos por incapacidade laboral, como son darlle o mesmo tratamento ás enfermidades crónicas que ás intervencións cirúrxicas, contemplar o embarazo de risco, permitir entregar a xustificación médica a partir do 4º día, ...

O mércores, 25 de abril, o Comité Intercentros mantivo unha reunión coa Dirección Xeral da Función Pública na que se falou, entre outros, sobre dos seguintes asuntos:

  • CONCURSOS DE TRASLADOS, CONSOLIDACIÓN E ESTABILIZACIÓN

  • MODIFICACIÓN DECRETO DE LISTAS

  • APLICACIÓN DA LEI 1/2012

Antes de que tivera lugar a xuntanza da Administración co Comité Intercentros para "negociar" as bases e prazas coas que vai saír o concurso de traslados de persoal laboral grupos I a IV, a Administración xa nos achega a convocatoria e a documentación da vindeira Comisión de Persoal onde se votará este tema.

Vale que a Administración teña maioría na Comisión de Persoal e pasan sempre o rodillo, agora ben, resulta un insulto e unha burla ao dereito á negociación colectiva achegar a documentación para votar (10:30h) cando esta documentación aínda estaba pendente da achega de alegacións e posterior negociación (13:00h)

O mércores, contra as 10:00h a Xunta desconvoca a dita Comisión de Persoal

Descarga documentación

As mobilizacións  foron acordadas no pleno extraordinario  que tivo lugar o 13 de abril.

Despois das diferentes porpostas o comité decide ir facendo mobilizacións continuas:

  • Rolda de prensa en Compostela o vindeiro martes 17 de abril as 12:00 na que estaran o Comité Intercentros e os Comités de Empresa da Consellaría de Traballo de toda Galiza, pedindo o cese da Conselleira (Beatriz Mato), a Secretaria Xeral (Cristina Ortiz) e o Subdirector Xeral de Persoal (Eduardo Mato Montero).

  • Entrega de sinaturas para o día 27 de abril de 2012 as 12 horas.

  • Marcha dende o Gaiás o 11 de maio de 2012 dende as 10.30 horas ata 12:30 horas.

Nesta Mesa a Administración levou a proposta de modificación de tres RPTs: órganos superiores da Presidencia, Traballo e Benestar e Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio. Posteriormente estas RPTs foron aprobadas baixo o rodillo da maioría da Administración na Comisión de Persoal.

RPT de Traballo e Benestar

Manifestámonos en contra desta proposta. Facemos fincapé en que a negociación non foi real e esta Mesa é un mero trámite. Desta volta, e continuando co proxecto de desmantelación dos serivzos públicos, a consellaría pretende amortizar 70 postos. As funcións que facían antes empregados e empregadas públicas as regalan a empresas privadas ou a ONGs (mostramonos desconfiados desta posibilidade de xestión "gratuíta" manifestada pola consellaría).

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas vén de publicar na súa páxina web o proxecto de lei de orzamentos xerais do Estado para 2012, coincidindo co inicio da súa tramitación parlamentaria.

Como xa adiantou o Goberno central na mesa xeral da Función Pública, o texto proxecto de orzamentos mantén o recorte xa aplicado aos soldos dos empregados públicos, ao tempo que profundiza no desmantelamento do sector público por medio da conxelación das ofertas de emprego público, a non reposición de efectivos ou a amortización dun número de postos de traballo equivalente ao total de xubilacións do persoal.

Para a CIG, estas medidas aprobadas polo Goberno do PP conducirán á paralización e ao peche de servizos públicos, xa que non será posible atendelos por falta de persoal, co que se despexa calquera obstáculo no camiño da privatización do sector público.

Descargar o Título III (Gastos de persoal) do texto do proxecto de orzamentos do Estado

Informan dunha vindeira lei de medidas a nivel estatal para abril ou maio que podería chegar a agravar as xa aprobadas nas diferentes comunidades autónomas.

O Ministerio de Facenda confirmou, na xuntanza da mesa xeral da Función Pública convocada na tarde deste mércores, o mantemento de todas as medidas adoptadas polo PP para os empregados públicos, á súa chegada ao goberno, que inclúen a conxelación salarial e unha taxa de reposición do 0%. Xunto a isto, informou da modificación, a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos, do Estatuto Básico do Empregado Público, impoñendo unha xornada xeneralizada de 37,5 horas.

Nesta xuntanza tratáronse os seguintes temas: a aplicación da Lei de medidas no emprego público, o concurso de traslados do grupo V, escritos recibidos e varios.

Aplicación da Lei de medidas no emprego público

A CIG clasifica de surrealista o comportamento da Administración. Esta debería explicitar dunha vez por todas o paquete de medidas, que ámbito vai a ter, e cales van ser, e si van a ser en común para tódalas Consellarías. Ademais, no aspecto das I.T. contradí en absoluto o que pon o V Convenio Colectivo no seu artigo 30, que di que se cobrara o 100 % e este artigo non foi derogado.

O Comité acorda pedirlle por escrito á Administración a elaboración dunhas instrucións homoxéneas da aplicación sobre esta lei.

Nesta Comisión de Persoal levábanse temas como a RPTdo Consello Galego de Relacións Laborais e máis da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, así como a proposta de orde de prolongación no servizo activo e o traballo en domingos do persoal laboral.

RPT do Consello Galego de Relacións Laborais

Esta RPT tivo unha negociación real e no proceso houbo varias alegacións de calado que a Administración admitiu, relacionadas co pasar varias prazas de LD a concurso, polo cal os felicitamos. Aínda así existen un par de cuestións relativas a varias das prazas que non se admitiron polo que a CIG se abstén.

CCOO a favor
UGT a favor
CSIF abstense

Ademais do que estaba na orde do día, a CIG preguntou por unha serie de temas, que coma sempre seguen no aire e algúns dos cales deu pé a unha xuntanza o vindeiro 26 de marzo no despacho do director xeral.

No caso do Decreto de permisos e máis do da flexibilidade horaria levamos moito tempo sen saber nada. O director xeral de Función Pública (FP) di que está practicamente rematado. Van regular tamén a redución voluntaria da xornada. En vindeiros días achegan borrador. En canto ao teletraballo e programa cronos, van convocar xuntanza.

No caso dos concursos demandamos axilidade e información. Denunciamos algún caso como o dos arquitectos técnicos que levan tres oposicións dando destino provisional. O director xeral de FP di que a semana vindeira irá ao intercentros o de laborais. O de persoal veterinario está para rematar e logo irán os demais (especiais e xeral). Consolidación: para abril dirannos algo.