OPE, procesos selectivos

No DOG do 12 de abril vén de publicarse a Resolución pola que fan públicos a data, hora e lugar para a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo de promoción interna ao corpo auxiliar da Administración xeral de Galiza, subgrupo C2.

O exercicio terá lugar o día 10 de maio de 2019, ás 16:30 en chamamento único, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela)

As persoas aspirantes deberán levar DNI, lápis do número 2 e goma de borrar.

Limítase a cubrir baixas mentres a Administración Xeral supera en 2.843 prazas

A Xunta de Galiza vén de anunciar unha oferta de emprego público (OEP) para 2019 que a CIG valora como insuficiente e que non mantén nin recupera emprego perdido xa que apenas cobre as baixas que se produciron o ano pasado. A falta de interese do Goberno galego en recuperar o emprego que destruíu nos últimos anos nos servizos públicos faise patente ao comparar a súa OEP coa que vén de presentar a Administración Xeral do Estado, que supera amplamente a taxa de reposición de efectivos.

Segundo os datos ofrecidos polo Goberno Estatal na AGE as baixas que se produciron no conxunto do persoal ao seu servizo ascenderon até os 8.979. En marzo de 2018 CCOO, UXT e CSIF acordaron co goberno o mantemento de taxas de reposición polo que non se pode xerar novo emprego e que a Xunta ratificou na súa lei de orzamentos. De cumprirse esta previsión, a OEP para 2019 no estado corresponderíase cunha oferta de 8.495 prazas. Porén, a Administración Xeral do Estado inclúe nela 11.338 prazas de ingreso libre e 8.350 de promoción interna, 2.359 postos a maiores das baixas.

No DOG do 2 de abril publican a Resolución pola que fan públicos a data, hora e lugar para a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo de promoción interna ao corpo administrativo da Administración xeral de Galiza, C1.

O exercicio terá lugar o día 7 de maio de 2019, ás 16:30 en chamamento único, no pavillón nº 1 do recinto da Feira Internacional de Galiza en Silleda.

As persoas aspirantes deberán levar DNI, lápis do número 2 e goma de borrar.

 

 

No DOG do 27/03/2019 publican a resolución pola que se fai pública a data de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

O primeiro exercicio será o día 13 de abril, en chamamento único que iniciará ás 16:00 horas, nos pavillóns 1 e 2 do recinto da Feira Internacional de Galiza, en Silleda.

As persoas aspirantes deben levar DNI e lapis do número dous e goma de borrar.

Publicada a data do primeiro exercicio de acceso libre, e ampliación de prazo do segundo exercicio de promoción interna, para o grupo V-001. Tamén publicada a amplliación de prazo para auxiliar de enfermaría.

O DOG do 25/03/2019 publica a Resolución pola que se fai pública a data de realización do primeiro exercicio das oposicións de acceso libre á categoría 001 do grupo V (camareiro/a-limpador/a-Axudante/a de cociña) de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

O exercicio terá lugar o día 14 de abril, nos pavillóns 1 e 2 do recinto da Feira Internacional de Galiza en Silleda, en chamamento único que comezará ás 16:00 horas.

As persoas aspirantes teñen que levar o DNI e lapis do número dous e goma de borrar.

Ao día seguinte, DOG do 26/03/2019, publican a Orde pola que amplian o prazo para realizar o segundo exercicio do proceso selectivo da categoría V-001 pola quenda de promoción interna e cambio de categoría.

No mesmo DOG do 26/03/2019, publican a orde pola que amplían o prazo para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo da categoría V-003 (auxiliar de enfermaría) pola quenda de promoción interna e cambio de categoría.

No DOG do luns 11 de marzo publicaronse as seguintes convocatorias de procesos selectivos:

- ORDE do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia. Ir ao DOG.

- ORDE do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Ir ao DOG.

No DOG do 6 de marzo publícan as listas definitivas de persoas admitidas e excluidas aos seguintes procesos selectivos para o ingreso pola quenda de promoción interna nos corpos xerais:

No DOG do luns 04/03/2019 publican as ordes de convocatoria dos seguintes procesos selectivos:

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial.

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo para presentar a solicitude é de 20 días hábiles. A forma de acceso é mediante concurso-oposición.

 

Recibimos convocatoria e documentación para unha Mesa Xeral de Negociación que será o venres 1/3/2019, na que se van tratar as convocatorias dos seguintes procesos selectivos:

No DOG do 20/02/2019 publican as resolucións polas que se aproban e fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos seguintes procesos selectivos para o ingreso en diferentes corpos xerais, de acceso libre e de promoción interna:

Acceso libre

Promoción interna