No DOG do Luns, 20 de Abril de 2009, fíxose público as listaxes definitivas de admitidos e excluidos aos procesos selectivos para o ingreso nas categorias 041 Oficial de defensa contra incendios forestais, e 042 Oficial de establecemento, ámbalas dúas categorias do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

Como consecuencia da citada publicación, ábrese un prazo de vinte (20) días naturais, para a presentación da documentación da fase de concurso. Dito prazo remata o 11 de Maio. A documentación que deberán presentar os aspirantes admitidos é a seguinte:

Servizos prestados como persoal laboral, según anexo I recollido na convocatoria, expedido pola unidade de persoal correspondente.

Formación. Fotocopias cotexadas dos cursos directamente relacionados coas funcións propias na categoria á que se opta, ou das categorias do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, 100 Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais e 80 Capataz de establecemento.

Superación dos exercizos nos procesos selectivos das categorias Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais (100) e Capataz de establecemento (80) ámbalas dúas do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

Certificación do padrón municipal de habitantes.

Documento xustificativo (orixinal ou fotocopia cotexada) de estar en posesión, ou en condición de opter o Celga 3, título do curso de iniciación ao galego, ou equivalente, debidamente homologado polo organismo competente en materia de política lingüística da Xunta de Galiza.