A CIG entende que unha escala como a de Axentes Mediambientais (Grupo C1) non pode ter como requisito unha titulación propia do novo grupo B (Técnico Superior en Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos ou a titulación de Técnico Especialista equivalente). Esta titulación ven sendo esixida pola Lei 2/2000 pola que se crea a Escala de Axentes Facultativos Mediambientais, lei anterior que contravén o Estatuto Básico do Empregado Público que establece que os corpos e escalas que esixan a titulación de técnico superior estarán clasificados no grupo B. Polo tanto, e para non vulnerar a lexislación básica vixente, esiximos que se poidan presentar a esta convocatoria todos aqueles que reunan ALGÚN destes requisitos:

  • Posuir a titulación propia da escala (Técnico Superior).
  • Ter máis de 10 anos traballados na Escala de Axentes Forestais.
  • Ter 5 anos traballados e o curso habilitante.
  • Ter o bacharelato e o curso habilítante.


A CIG esixe que se fagan dous procesos de integración xa que a Administración deixou pasar e so pensa convocar un.


A CIG esixe que, por tratarse dun proceso de integración, non pode haber un número de prazas pechadas, xa que quen aprobe quedará no seu posto reclasificado.


A CIG esixe que na fase de oposición non resten as preguntas incorrectas e que NON haxa nota de corte.


A CIG esixe que se introduza unha nova base IV.5. que asegure que os aspirantes que superen este proceso selectivo adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñan desempeñando con carácter definitivo sempre que estea aberto ao corpo do grupo de titulación ao que accede. No caso de que o aspirante  ocupe un posto con que non estea aberto ao subgrupo de titulación ao que accede, reclasificarase dito posto e co nivel mínimo do dito  subgrupo.


A CIG esixe que, en consonancia co anterior, se suprima a fase de concurso, xa que os aprobados seguirían no seu posto reclasificado.


A CIG presenta un borrador do temario cunha ostensible reducción de temas, de 40 a 25.


A CIG propón que no resto dos requisitos esixidos se ateñan aos solicitados noutros procesos similares onde non se esixe ningún certificado médico.


Nesta xuntanza, tanto CCOO como UGT, sumáronse ás propostas da CIG, mentras que CSIF non contempla a posibilidade de acceder á escala coa posesión do Bacharelato e curso habilitante.

Finalmente na Mesa Xeral celebrada o día 12 acordamos reunirnos coa Administración o luns 15, para ultimar a convocatoria, cousa á que CCOO se opuxo alegando que os sindicalistas teñen que descansar a fin de semana.


Esperamos que a Administración teña en conta as nosas demandas, xa que o principal é que este é un proceso de integración contemplado na lei e non unha promoción interna.