O venres 1 de agosto de 2014, esta organización sindical foi convocada pola Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal, dependente da dirección xeral da función pública, co fin de negociar as bases dos procesos selectivos de promoción interna de corpos xerais, onde se nos comunicou que non se ían atender practicamente ningunha das alegacións presentadas por nós.

Igualmente, a actitude dilatoria da Administración, onde despois de sucesivos anuncios en anos anteriores de que se ía convocar a Promoción Interna dos Corpos Xerais de funcionarios, foi adiando conscientemente a negociación destes procesos co conseguinte prexuizo para a carreira e promoción profesional do persoal funcionario desta Administración, é un elemento de gravidade que deberían atallar.

A CIG ven de solicitar a Función Pública:

PRIMEIRO. Que coa máxima urxencia se volva a convocar unha xuntanza para tratar este asunto.

SEGUNDO. Que por parte da Administración se atenda ao principio de boa fe negocial, e non dende a imposición, tal e como veñen facendo ata o de agora.

Función Pública segue sen contestar, e levamos 5 anos sen promoción interna. Xa está ben de demagoxia electoral, queremos a promoción interna e a queremos xa.