A condesa de Bornos, Esperanza Aguirre, tivo a ocorrencia de facer un exámen público aos candidatos do PP ás alcaldías madrileñas. Exames, que como puidemos comprobar eran unha ridiculez onde aos candidatos lles soplaban as respostas.

En troques en Galiza o único que soplamos son gaitas, e para dar mostra do rigor, seriedade e bon facer do goberno Feijoo, este vai aplicar a máis estricta disciplina militar á Promoción Interna, non como en Madrid, non como aos seus.

A excentricidade desta xente tan pavera chega ata o extremo de facer convocatorias de Promoción Interna máis nutridas de temas e probas que moitas de acceso libre noutras Administracións.

Despois de instar repetidas veces e esixir unhas probas e temarios acordes á realidade dun proceso de promoción, de darlles referencia de procesos similares noutras Administracións, de facerlles notar que levamos cinco anos sen poder promocionar, do despropósito da fase de concurso, etc, etc, van e contraatacan enviando os mesmos textos conxelados de hai meses para levar este venres 21 á Mesa Xeral de Negociación.

Ademais de querer saber, como é natural, cando se van publicar as convocatorias, cando serán as datas previsibeis dos exames (que van ser antes das eleccións municipais xa o sabemos, pero a ver se concretan máis), a partir do venres informarémosvos de cantos puntos, comas ou espazos en branco están dispostos a modificar na negociación.

Non queremos que nos soplen nos exames como fai o PP aos seus alcaldes. O único que queremos é que se garanta un proceso digno de promoción profesional en consonancia cos feitos noutras Administracións Públicas e que atenda á filosofía do que é: unha promoción interna.

Descargar bases de promoción interna.