Aprobadas na Comisión de Persoal do 18/05/2015 as bases dos procesos selectivos da Escala Superior de Finanzas (A1), correspondente á OEP do 2012, e da Escala Técnica de Finanzas (A2), correspondente á OEP do 2013.

O afán negociador das persoas responsábeis da Administración demóstranolo que convocaron a Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, e a Comisión de Persoal, cun intervalo de media hora para tratar por dúas veces os mesmos documentos, sen cambios, sen mediar tempo para reconsiderar as alegacións.

A CIG alegou que as convocatorias dos proceso selectivos de Finanzas contemplasen un aumento do 50% das prazas de promoción interna, que se establecese unha nota de corte na convocatoria, para que non ocorra como en convocatorias anteriores onde deixaron desertas prazas, que a convocatoria contemple o sistema de concurso-oposición para as prazas de libre, que a EGAP elabore a totalidade do temario, que polo menos unha das probas se realice integramente en galego, que non se nomeen tribunais politizados, que se contemple unha reducción do temario, que se fixe tamén unha data orientativa para o primeiro exame, entre outras.

O único que acepta a Administración e fixar unha data orientativa pero aberta, que fixa en que o primeiro exame non se realizará antes do 1 de novembro.

Descargar bases aprobadas.