As Xuntas de Persoal funcionario da Xunta de Galiza non comparten o novo modelo proposto pola Consellería de Facenda. Entendemos que os cambios efectuados na Promoción Interna son insuficientes e volvemos a solicitar a volta ao marco das últimas convocatorias. Non aceptamos un cambio que equipara baseado nunha comparación absurda coas últimas bases para o acceso libre. Reiteramos pois a necesidade de establecer a exención de aquelas probas encamiñadas a acreditar os coñecementos xa esixidos no corpo ou escala de orixe. 

Por todo isto, dende as Xuntas de Persoal funcionario da Xunta de Galiza de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Servizos Centrais, queremos sinalar que:
1. Queremos un sistema de promoción interna REAL e non ficticio.
2. Queremos un modelo de promoción interna que se asemelle ao anterior.
3. Queremos que a promoción interna non sexa un proceso tan gravoso como un de libre.
4. Creemos que a intención do Goberno é dificultar a promoción interna para deixar desertas as prazas.
5. Creemos que o Goberno quere deixar de lado a promoción interna ata implantar os sistemas subxectivos de promoción vertical da LEPG.
6. O goberno non quere negociar, só está disposto a realizar pequenas modificacións (redución dalgúns temas e duración dos exames, etc) que son os límites que se marca nesta negociación. Queremos que o Goberno negocie coas organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral dos Empregados/as Públicos unhas bases da promoción interna acordes á realidade.