A Xunta de Galiza simulou unha negociación formal onde non foron aceptadas apenas as alegacións da parte social da Mesa Xeral de Empregados/as Públicos. Despois dunha petición conxunta das catro organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral, e dun comunicado das cinco Xuntas de Persoal funcionario da Xunta de Galiza (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Servizos Centrais), solicitando unha negociación real onde non se lesionen os lexítimos dereitos dos/as empregados/as públicos/as á carreira profesional, a Xunta, en troques de convocar unha mesa de negociación convoca unha Comisión de Persoal onde só se permite votar a favor ou en contra dos borradores das convocatorias, sen que se poidan modificar, e sendo este o punto final antes da publicación no DOG.

Por todo isto, as catro OOSS así como as cinco Xuntas de Persoal funcionario da Xunta de Galiza, manifestamos o noso rexeitamento deste proceder dictatorial do Goberno galego convocando unha concentración, mañán venres, día 5 de maio, ás 13:30, diante da EGAP onde se reunirá a Comisión de Persoal.