O luns 15 aprobáronse na Comisión de Persoal as bases das convocatorias dos procesos selectivos dos grupos A1 e A2 da Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2013, e C1 e C2 da OEP do 2015, co voto en contra de todas as organizacións sindicais. Das alegacións presentadas só admitiron cambiar o tempo de realización das probas. Non admiten nin a exención de taxas, nin a acumulación con outras OEP's, nin a eliminación dos temas, nin a acumulación da promoción interna coas seguintes convocatorias, nin que os tribunais sexan por sorteo, nin a eliminación de probas, nin a participación das escalas, etc.

  OEP Prazas Acceso libre Promoción interna
A1 2013 15 11 4
A2 2013 10 7 3
C1 2015 20 20  
C2 2015 44 44  

Descargar bases aprobadas.