A Dirección Xeral da Función Pública achéganos borrador do temario para o proceso selectivo do corpo de veterinarios e veterinarias, dándonos un prazo ata o xoves 2 de xullo para que presentemos as nosas alegacións. Podes enviarnos as túas consideracións ao correo institucional da CIG-Autonómica, en autonomica@cigadmon.gal.

A comunicación de Función Pública non especifica se o temario corresponde coa oferta do 2014 (6 prazas), do 2015 (47+1 de consolidación), ou ambas ofertas. Tampouco temos mais información que a manifestada polo Director de Función Pública fai un mes, que se limitaba a afirmar que "a programación" se aprobaría en xuño (algo xa incumprido), e que o primeiro exame non sería antes de abril do 2016. En canto haxa novas, informaremos.

Descargar borrador dos temarios.