O BOE do 2 de outubro publica a Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común e a Lei 40/2015 de Réxime Xurídico do Sector Público. Consecuencia desto recibimos varias consultas sobre os programas que rexerán nas probas selectivas, neste caso respecto da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Nas bases dos procesos selectivos dos últimos anos establecese o seguinte: "En todos os exercicios da fase de oposición teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que no momento de publicación no DOG do nomeamento do tribunal do proceso conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior".

Xa que logo, aqueles procesos que conten con tribunal nomeado, rexerá o programa publicado coa convocatoria. Para os procesos selectivos que aínda non teñen tribunal nomeado, as referencias á Lei 30/1992 quedarían substituidas polas novas normas publicadas o 2 de outubro.

Neste caso semella existir algunha dificultade na interpretación, pois as novas normas afectan a outras que non figuran incluidas nos programas actuais dalgún proceso selectivo. Entendemos que aquelas partes das novas normas que non constan no programa vixente, non serán materia de exame. En todo caso, de existir algunha circunstancia que dificultase a interpretación, teríamos que agardar á constitución do tribunal para que resolvan.