1. As categorías as que lle afectaría o cambio de denominación de posto serían:

            - Peón SPDCIF, Peón Condutor SPDCIF, Xefe de Cuadrilla SPDCIF,   Oficial SPDCIF e Condutor de Autobomba SPDCIF.

  1. Manifesta a conselleira que este cambio de denominación de categoría non suporá ningún tipo de cambio retributivo nin de funcións.

            Acerca dos coeficientes redutores da idade de xubilación queda claro que a Seguridade Social é a responsábel da súa aplicación.

  1. En canto a oferta pública de emprego dende a  consellería congratúlanse da obtención de 94 prazas do SPDCIF das 124 totais da conselleria de Medio Rural (esta cifras poden non ser definitivas). Non aclararon  nin datas nin a  que postos concretos se refiren.
  2. Ante a ausencia de prazas de Xefe de cuadrilla a conselleira prantexa unha promoción interna para o ano 2017.
  3. En canto a data de comezo dos fixos descontinuos de 9 meses, a conselleira non pon data concreta, pero os outra sindicatos (CCOO, CSIF e UGT) poñen sobre a mesa como data de entrada o 23 de febreiro. Prantéxaselle a conselleira que se debería avisar aos traballadores con 15 días de antelación a data entrada.
  4. Problemática dos traballadores fixos descontinuos de 3 meses, prantexaselle a conselleira, por parte dos sindicatos que hai que darlle unha solución ante a grave situación destes traballadores. A conselleira comprométese a través do seu gabinete técnico a manter xuntanzas cos representantes dos traballadores para tentar darlle solución a estes compañeiros.
  5. Cónstanos que actualmente hai 100 prazas sen cubrir e pídese por parte de todos que se cubran de forma inmediata.
  6. A conselleira e o seu gabinete prantexan que van cubrir prazas vacantes sobre o mes de maio sen falar de cantidade.
  7. Tamen anuncia a conselleira que se van entregar vehiculos novos (autobombas) sen por data nin cantidade.

POSICIONAMENTO DA CIG ANTE A XUNTANZA

  1. Sorprendeunos gratamente o cambio de postura da conselleria ante ao cambio de denominacióbn da categoria a Bombeiro Forestal. Para nos é unha boa nova logo da dura pelexa mantida en todolos ámbitos, sobre todo  no parlamentario e no sindical.

Agradecer a tódolos traballadores a súa asistencia ás manifestacións, feito que ao noso entender foi parte decisiva para o cambio de postura da consellería.

Por suposto nós continuaremos o traballo cara o  recoñecemento por vías alternativas ate que as promesas da Consellería se convirtan en feitos.

  1. A CIG considera totalmente insuficiente  a oferta pública de emprego, recoñecendo que o número de prazas, aínda que moi pequeno, é un pasiño cara diante. A nosa postura na mesa foi esixir que se sacaran á OPE tódalas prazas cubertas por interinos xa que entendemos que é fudamental consolidar traballo fixo no SPDCIF.
  2. Ante a problemática dos traballadores de 3 meses a postura da Cig é moi clara. Todo o mundo sabe que iniciamos o proceso por  vía xudicial porque a vía negociadora estaba pechada. Na xuntanza defendeuse a prolongación do contrato de tódolos fixos descontinuos baseándose na necesidade de realizar labouras de prevención todo o ano e a necesidade de dispor dun dispositivo forte durante todo o ano debido as novas funcións do SPDCIF e o novo marco climático ambiental co cal prodúcense ou se poden producir incendios durante calquer período do ano.
  3. Ante a cobertura de prazas a postura da Cig é, como a de tódolos sindicatos, que se cubran o 100% das prazas.
  4. A Cig  constalle que as autobombas que se van entregar son os contratos que xa están licitados que son: 19 autobombas de 4000 litros, 17 autobombas de 3500 litros e 7 autobombas de 4000 litros.