A Comisión de Persoal aprobou, co voto en contra das catro organizacións sindicais, o Decreto polo que se aproba a OEP correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración Xeral de Galiza para o ano 2016.

Aprobado tamén un acordo da Administración cos sindicatos (co voto favorable de CCOO, UGT e CSIF, e co voto en contra da CIG), que suspende no ano 2016 a acumulación das prazas que non se ocupen de promoción interna á oferta libre, pactado no artigo 9.4 do Convenio Colectivo.

A CIG rexeita a OEP por: 

  • Non contempla todas as vacantes existentes, tan só as vacantes xeradas no ano 2015, nunha porcentaxe do 100% para uns colectivos e do 50% para outros. Nalgúns colectivos non vai solucionar a alta temporalidade.
  • A promoción interna de funcionarios está limitada para os informáticos entre eles, e os corpos xerais entre eles, impedíndose a promoción entre diferentes corpos/escalas, como si ocorreu outros anos.
  • A promoción interna para persoal laboral é de pouco interese en canto ofrece básicamente postos dos grupos inferiores.
  • Quen aprobe a promoción interna terá que escoller destino (agás que ocupe actualmente un posto aberto ao grupo superior).
  • Non existe promoción interna en administración especial.
  • Toda a oferta de persoal subalterno está reservada para persoas con discapacidade intelectual, impedíndoselle por tanto, acceder a quen non teña esta condición.