No DOG do 7/3/2016 publican a Oferta de Emprego Público da Xuntan de Galiza para o ano 2016.

Esta Oferta fora aprobada na Comisión de Persoal co voto en contra das catro organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral de Empregados Públicos (CIG, CCOO, UGT e CSIF), e implicou o acordo de suspensión do artigo 9.4 do V Convenio Colectivo (acordo rexeitado por CIG e co voto favorable de CCOO, UGT e CSIF).

Para a CIG, estamos ante unha oferta insuficiente, que non chega para cubrir as vacantes, cunha promoción interna insatisfactoria (e nula nalgúns casos).

No mesmo DOG publicaron tamén a oferta de emprego correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes e de persoal estatutario do SERGAS.