Non só non se nos convoca nin se nos dá información, senón que incluso se nos prohibe o acceso ao buzón de postos.

Queremos luz e taquígrafos e non negociacións segredas onde se ocultan os acordos e os criterios de determinación dos postos de estabilización. Por que se prohibe a nosa presencia? Que pretenden ocultar?

Temos afirmado en innumerábeis ocasións, que nunha Administración con máis de 4.000 interinos e temporais onde non hai procesos selectivos nin reposición de postos estruturais, ou se aborda este problema na súa globalidade ou convocar menos de 300 postos vai supoñer non querer solucionar nada no relativo á temporalidade do emprego público.

E o que tamén teñen que ter en conta aquelas persoas que vexan o seu posto neses listados, sen que se saquen todos os postos vacantes, é que a eses postos pode concorrer calquera persoa que cumpra os requisitos, e que se lle vai puntuar o tempo traballado nesa categoría, corpo ou escala a todo aquel que prestase servizos, sexa temporal, indefinido ou interino, en calquera Administración Pública, pero os postos que van sair para a toma de posesión dos que aproben van ser única e exclusivamente os do listado.