Para os procesos selectivos publicados en data 8 de marzo de 2018, corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas; corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas; corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna; corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna; corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna; corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola quenda de promoción interna; corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, pola quenda de promoción interna; corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, pola quenda de promoción interna; o prazo de presentación de solicitudes de participación abranguerá desde o día 9 de marzo ata o día 9 de abril de 2018, ambos incluídos.

Contra esta ampriación de prazo pódese interpoñer un recurso potestativo de reposición ou acudir directamente ao xulgado do contencioso administrativo.