Inicio
CIG-Autonomica
  • 20120209.san_caetano.delegados.5.jpg
  • 20120501.Pontevedra.2.jpg
  • 20120621.cadea_humana.san_caetano_6.jpg
  • 20121114.vigo.3.jpg
  • 20120511.gaias.18.jpg
Xoves, 07 Novembro 2019

A CIG reclama a xestión pública das cociñas nas Galiñas Azuis

Dende a CIG Autonómica queremos denunciar a mala calidade da alimentación e intoxicacións continuadas que se están a dar nas escolas infantís do Consorcio galego de servizos de igualdade e benestar da Xunta de Galiza. Coa nova intoxicación que se produce na Galiña azul de Carral volve a evidenciarse o risco que sofren os nosos pequenos polos “servizos de catering” en vez de cociñas própias.

Estas casos de intoxicacións estan a ser moi numerosos e xa denunciamos e que aconteceron a semana ...


Xoves, 07 Novembro 2019

Promoción interna, estabilización .. A Xunta convocando oposicións sen criterio

A Xunta esixe máis dereito administrativo para ser conserxe que para ser dalgún corpo superior.

  • A inexistencia de criterios xerais fai que procesos equiparables teñan convocatorias diferentes.
  • As diferencias entre convocatorias constitúen unha discriminación e unha desigualdade segundo que corpos e escalas se convoquen.

A nada que comparemos entre si algunhas convocatorias de procesos selectivos dos últimos anos, sexan de acceso libre, de promoción interna ou de consolidación, ...


Domingo, 03 Novembro 2019

A CIG gaña as eleccións sindicais na Xunta de Galiza

O venres 31 de outubro veñen de rematar os procesos electorais aos comités de empresa da distintas consellerías da Xunta que comezaron en decembro de 2018 na Consellaría de Facenda e no comité de empresa de Servizos Centrais, e remataron o venres coas eleccións aos comités de empresa de Economía, Emprego e Industria.

Os resultados en número de delegados/as tanto en persoal funcionario como en persoal laboral son:


Venres, 25 Outubro 2019

A CIG gaña as eleccións sindicais en Política Social

O 24 de outubro tiveron lugar as eleccións sindicais aos comités de empresa de persoal laboral da consellería de Política Social, no que desta vez se elixían catro comités que suman 94 delegadas e delegados.

Cun ámbito de máis de 6.000 persoas traballadoras e unha grande participación, o número de votos para a a CIG foi o maior, o que avala o noso traballo de defensa dos dereitos das persoas empregadas públicas e o rexeitamento dos acordos lesivos asinados por outros sindicatos.

A CIG ...


Martes, 22 Outubro 2019

Quen ten que atender os centros de ensino para probas CELGA, CEFORE, oposicións, eleccións..?

Un ano tras outro algunhas directivas de centros de ensino poñen dos nervos a compañeiras e compañeiros que se ven sometidos a caprichos, chantaxes ou caramelos para que abran o centro e atendan oposicións de docentes, cursos de CEFORE, probas de CELGA, xornadas da consellaría de traballo e xornadas de votacións políticas.

Atopámonos moitas veces estas preguntas de “se teño a obriga de atendelos, porque me dí o dire que o teño que facer por ser no centro onde traballo…”.

Pois non, non tes ...


Martes, 22 Outubro 2019

A xubilación parcial anticipada: o cinismo de Función Pública

A disposición transitoria 10ª da Lei xeral da Seguridade Social establece o acceso á xubilación parcial anticipada para o persoal laboral que reúna os requisitos de idade, anos de cotización e a celebración simultánea dun contrato de remuda. Para este ano, 2019, xa poderían obter o dereito a este sistema de xubilación aqueles traballadores cunha idade de 61 anos e 8 meses e unha carreira de cotización de 34 anos e 9 meses.

Con esta disposición normativa plenamente en vigor, o pasado mes de ...


Luns, 21 Outubro 2019

Eleccións sindicais aos comités de empresa de Política Social

O xoves 24 de outubro van ser as votacións para formar os comités de empresa de política social de Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. 

Boletín nacional

Coruñaboletín e candidatura.

Lugoboletín e candidatura.

Ourenseboletín e candidatura

 Pontevedraboletín e candidatura


Luns, 21 Outubro 2019

A CIG solicita formación específica para o persoal do SPIF

A CIG solicita ao conselleiro do Medio Rural e á Dirección Xeral de Defensa do Monte que implante os módulos formativos correspondentes á cualificación profesional SEA596_3 “Coordinador de operacións en incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural” e rural. Estes módulos formativos van dirixidos aos bombeiros/as forestais xefes/as de brigada, axentes forestais e persoal técnico, así coma  a todo o persoal do SPIF que xa obtivera o certificado do nivel 2 do SEA 595_2. 

Mércores, 16 Outubro 2019

Orzamentos da Xunta e suba salarial: o conto da leiteira

Seguimos cunha suba raquítica pactada en Madrid que non axuda a recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos 10 anos, sen xornada de 35 horas, e co resto dos recortes consolidados neste anteproxecto de Orzamentos Xerais.

Na Mesa Xeral celebrada o mércores 16 de outubro o director xeral de Planificación e Orzamentos infórmanos que espera que a suba salarial se sitúe ao redor do 2,2%, o 2% derivado do acordo de Madrid e o 0,2% a maiores tendo en conta os datos do cadro macro do goberno ...


Mércores, 02 Outubro 2019

Plan de igualdade exprés e sen garantías para o persoal da Xunta de Galiza

A dirección xeral de Función Pública e a secretaría xeral de Igualdade pretenden sacar un documento ás présas saltándose os requisitos que marca a lei para a súa elaboración.

Xa van 12 anos da entrada en vigor da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, a Xunta de Galiza segue sen Plan de Igualdade para o seu persoal, a pesar de ser obrigatorio para as empresas e entidades de máis de 250 traballadores.

Arredor de 20.000 persoas empregadas ...


A Consellaría de Facenda ven de publicar hoxe unha orde no DOG para ampliar o prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, en vinte días hábiles.

A Xunta de Galiza fai referencia a que "Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo". Esas cuestións non son outras que a ilegalidade cometida no nomeamento do anterior tribunal cualificador e que tivo que ser recorrido pola CIG para evitar que todo o proceso selectivo puidera quedar viciado dende o principio polas chapuzas deste goberno trapalleiro.

A cousa é dunha chapuza tal que Función Pública xa anunciara a data probábel de exame o pasado venres fixándoa para o día 20 de maio unha semana antes de que se publicara esta ampliación de prazo que agora fai. Isto é, a Xunta previu facer o exame un día que superaba o prazo establecido nas bases de convocatoria e, agora, fai a ampriación de prazo para que ese día cumpra os prazos establecidos pero unha semana despois de que se anunciara.

Agardemos que os continuos parches, chapuzas e remendos que acumula un proceso selectivo que aínda non realizou ningunha proba non remate como outros procesos selectivos da mesma escala no pasado. Fartámonos de avisalo e xa levan varias cafradas. A ver como continúa todo este culebrón...