"En relación coas listas provisionais de admitidos e excluídos que se citan na cabeceira as persoas excluídas por presentar documentación non válida ou incompleta relativa á condición de familia numerosa, persoa demandante de emprego ou persoa discapacitada, deberán pesentar a documentación xustificativa nos termos establecidos na orde de convocatoria do correspondente proceso selectivo.
Non son subsanables, e polo tanto non poderán presentar esta autorización, aquelas persoas que presentaron solicitudes ás que non acompañaba ningunha documentación e que non realizaron ningún pagamento.
No caso de que a persoa solicitante autorice á administración á consulta dos datos sobre discapacidade, familia numerosa ou desemprego non terá que presentar a documentación á que se fai referencia. Para o anterior deberá autorizar á administración para a consulta a través do modelo que se xunta a esta nota informativa."


Persoal funcionario turno libre:

Persoal funcionario promoción interna:

Persoal laboral turno libre: