En Galiza só as 543 prazas correspondentes á taxa de reposición

Pola contra, o Goberno galego auto limítase e presenta unha ficticia OEP de 2.617 prazas das que unicamente 543 son de acceso libre e supoñen novo emprego, xa que o resto (estabilización e movementos internos-promoción interna) que, como o propio Núñez Feijoo recoñeceu, se limita a cubrir as baixas do ano pasado.

En consecuencia, esta oferta pública resulta raquítica e insuficiente toda vez que non compensa o emprego público perdido nos últimos exercicios e tampouco ten en conta a promoción interna do persoal. A falta de vontade política para mellorar a eficiencia dos servizos públicos na Administración galega queda de manifesto se se compara coas cifras de oferta de emprego público ofrecidas polo Goberno estatal.

Por iso, a CIG reclama que a Xunta de Galiza tome exemplo e non siga auto limitarse con taxas que o único que fan e xerar servizos de subsistencia e empeorar os servizos públicos mentres ten que externalizar a empresas o traballo que deberán facer os empregados e empregadas publicas.